O lehendakari Urkullu ven de propor unha fonda reforma do marco xurídico-político español para acadar o recoñecemento da plurinacionalidade do Estado e máis a capacidade de decisión e garantia dunha relación bilateral de Euskadi e Nafarroa, ao abeiro da normativa constitucional que abeira os dereitos forais destes territorios e, tamén, de Catalunya e Galicia como nacionalidades que decidiron democráticamente o seu autogoberno antes de que aprobaran a Constitución.
A proposta elude unha reforma constitucional formal, consciente da falla estrutural dos 3/5 de deputados e senadores precisos para irmos á súa máis curta e limitada modificación e opta, xa que logo, por un acordo-marco que fixe os alicerces para este desenvolvemento, ao que seguiria unha convención constitucional. Despois -compre deducirmos- haberían seguir as leis orgánicas, novos Estatutos de autonomía e reformas das leis básicas precisas para estruturar esa modificación material do marco xurídico-político .Conxunto de reformas normativas que poderían chegar descentralizar amplamente o goberno do Poder Xudicial e limitar substancialmente as competencias do Tribunal Supremo, canda ampliar e blindar as competencias de Galicia e modificar substantivamente o financiamento autonómico, mesmo coa posibilidade de lle atribuir ao País a recadación, xestión e liquidación fiscal.
A FAES, o PP e outros voceiros do unionismo centralista opoñen a esta mutación constitucional material os princípios da soberania única do Estado e da súa unidade indisolúbel. O camiño cara unha mutación constitucional que recoñecera a plurinacionalidade do Estado e o dereito de decidirmos requiriría, segundo estes desaquelados intérpretes, dunha reforma constitucional agravada (voto dos 2 /3 das duas Cámaras, disolución posterior das mesmas e referendum ratificatorio de toda a cidadania española). Para eles a Constitución é irreformábel, mais nin Galicia, Euskadi e Catalunya nin a maioria cidadá no Estado haberíamos pasar por condena semellante.
A Sentenza 42/2014 do Tribunal Constitucional ( que anulou a declaración de soberania de Catalunya do Parlament de 23.01.2013, mais declarou a constitucionalidade do rcoñecemento do seu dereito a decidir dentro duns determinados parámetros ) recoñece que o principio democrático esixe non só respectar, senón integrar as decisións das minorias (tamén das nacionalidades) a xeito dun proceso de negociación que pode, senon abeirar declaracións unilaterais de independencia, si excluir o rexeitamento a negociar decisións futuras constatábeis e democráticas da cidadania galega, vasca ou catalá.
O BNG ainda non avaliou esta proposta, malia que encaixe ao cento por cento na súa, arestora, multifronte reivindicación (financiamento, autogoberno, infraestruturas, enerxía…) da axenda galega. O Presidente Rueda, pola súa banda, non refugou a proposta, o que de certo agoira tensións futuras do PdeG canto á cuestión nacional galega no caso de que Sánchez acadara a investidura nesta enleada conxuntura.
Como escrebiu esta semana José Luis Gómez, Urkullu ven de xerar un debate fulcral para Galicia.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



