Foz, 4 de agosto de 2023. Esta mañá presentouse no Cenima de Foz a segunda edición do festival Vrao Sons Independentes, que se celebrará o día 12 deste mes, sábado, na praza Conde de Fontao da vila focega.
O promotor do festival, Antonio Paz, explicou: “despois do éxito acadado o ano pasado creemos que este formato de festival chegou para quedar e proba diso é o apoio institucional recibido por parte principalmente do Concello de Foz, a Deputación de Lugo e a ACIA; e desde a organización non podemos estar máis agradecidos a estas institucións por permitirmos seguir promocionando a cultura musical realizada na nosa terra”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destacou a variedade de programación que promove o Concello de Foz durante a tempada de verán e fóra dela: “estamos a falar de todo tipo de actividades, probas deportivas, actuacións de grupos tradicionais, festas patronais, cultura, festivais… Na rúa felicítannos pola variedade e a calidade da programación, que é moi completa. Isto hai que compatibilizalo co descanso porque queremos que Foz continúe medrando e siga a converterse no gran referente da nosa comarca. Quero agradecer á Deputación de Lugo o gran apoio económico que nos está a prestar para promover a música local a través do festival Vrao. Dicir Vrao é dicir Foz”.
Na presentación participaron tamén o concelleiro de Festas, Ángel Fernández; a edil de Xuventude, Zoraida Coira; a deputada provincial Marisol Morandeira; e a xerente do Centro Comercial Aberto de Foz, Ana Segade.
A Deputación apoia a celebración do Festival cunha achega de 15.000€
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este venres en Foz xunto ao Alcalde do municipio e tamén Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, na presentación da segunda edición do Festival Vrao, unha cita que converterá ao concello e á comarca da Mariña “no epicentro da mellor música galega o vindeiro 12 de agosto, reunindo a bandas e artistas dos máis variados estilos musicais”, subliñou Morandeira.
A institución provincial colabora cunha achega económica de 15.000€ para organizar o encontro e avanzar para “consolidalo como un referente no calendario de festivais da comarca e da provincia de Lugo”, asegurou a Deputada. “Facémolo porque é un festival que enriquece a oferta cultural da nosa provincia cunha proposta moi atractiva que potencia o talento galego; porque esta proposta ten un retorno económico importante para Foz e para a comarca en sectores como o da hostalería e o comercio, que son fundamentais; e porque favorece o modelo de turismo de calidade e de experiencias polo que traballamos dende a Deputación, e que comparte o propio Concello e a Mancomunidade de Municipios da Mariña”, explicou.
Morandeira destacou a importancia deste evento musical e felicitou ao Alcalde e ao seu equipo “por recuperar o ano pasado esta cita do verán focense, dándolle unha nova visión, reinventándoa, e por darlle continuidade este ano cun programa de gran variedade e calidade”. Ademais invitou á veciñanza da provincia a achegarse ao Festival Vrao e desfrutar, ao mesmo tempo, do patrimonio focego.
O cartel
O Festival Vrao celebraráse en Foz o vindeiro sábado 12 de agosto, poñendo o remate ás festas na honra a San Lourenzo. Entre as bandas que soarán durante a xornada, destacan grupos de estilos como o funk, o soul, o folk ou o hip hop, con nomes tan recoñecidos como Sabela King and the Heartbreakers, Boyanka Kostova, NingúnDJ, Malandrómeda ou Grande Amore.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



