O escultor Pablo López visitou camposantos de tres concellos e incorporouse ao equipo Palabra e Memoria, que estuda o patrimonio documental e a estabilidade do uso do galego no ámbito familiar
A Mariña, 30 de xaniero, 2025. Que a lingua galega chegou a desaparecer completamente á hora de despedir as persoas falecidas non é ningunha novidade. Que esa desaparición durou varios séculos tamén. A novidade está na recuperación “desde cero”. Ao estilo ave Fénix.
Sábeno moi ben o centenar de persoas que percorren Galicia para visualizar camposantos e para recoller e estudar a información facilitada por case 50.000 familias. O escultor Pablo López tamén se uniu á “selección galega de visualización” e con libreta, bolígrafo e teléfono, realizou un auténtico “paseo investigador” polos cemiterios locais, comezando polo da parroquia de Fonfría. Neste caso, o seu obxectivo era visualizar os epitafios, facer recollida dos máis chamativos e plasmar a información nun breve informe para poder realizar máis tarde un estudo en detalle dos materiais. Unha vez en cada un dos lugares, o obxectivo aampliouse e o visitante acabou por facer un inventario de arquitectura, pintura e escultura dos templos.
Aínda que polo momento non ten realizado ese estudo exhaustivo da documentación, confirmou que o clásico distanciamento entre as expresións oral e escrita redúcese cada vez máis: a porcentaxe de inscricións funerarias en que aparecen as palabras “muller”, “home”, “fillos” ou “netos” increméntase paulatinamente, con maior ritmo nestes anos que levamos do século XXI.
A porcentaxe máis elevada do uso da lingua galega localizouna en Santo André de Logares, onde 8 familias dun total de 70 deron xa o paso a pasar a escrito o idioma de uso oral, e en lugares como Burón, Fonfría, Suarna, os Baos e en Padrón. Sorprendentemente, no casco urbano da capital municipal (A Fonsagrada), o nivel é inferior: dun total de 294 familias, manteñen a estabilidade en galego 6, o que representa un 2% (tres puntos por debaixo da media galega). En Monteseiro, Maderne, Vilar de Cuíña, Allonca, Ouviñano, Louxas e Marentes, o galego escrito aínda non entrou nos recintos dos cemiterios.
A panorámica observada por Pablo López está en total consonancia coa que se desprende do estudo realizado polo xornalista David Canto Veiga, encargado de recopilar e estudar a información recollida en toda Galicia, occidente de Asturias, o Bierzo e As Portelas (en Zamora). As primeiras persoas alfabetizadas en galego nos primeiros anos da etapa democrática pasan agora a ocuparse do coidado do lugar en que repousan definitivamente os seus parentes. Co cambio de xeración das persoas, cambia tamén a valoración e o uso do idioma. Ao mesmo tempo, nótase tamén a transversalidade: participan máis as mulleres e o uso do galego escrito deixou de ser patrimonio exclusivo das persoas con estudos universitarios.
Toda esta información recollida a través do voluntariado está rexistrada nun mapa de consulta pública: a “Cartografía do uso do galego nos camposantos” (https://datawrapper.dwcdn.net/4HeuT/38/), que contén información sobre uns 200 cemiterios e que está aberto á colaboración de calquera persoa que queira recoller e publicar os datos da súa parroquia.























O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.



