Ribadeo, 24 de febreiro, 2025. ‘Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos’, celebrada na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo, desenvolveuse como unha actividade na que se deu unha visión xeral do mundo que dá acubillo á Galipedia e en xeral Wikipedia, dende unha perspectiva de análise para mellorar o seu uso e colaboración, así como estender o manexo a outras wikis da familia para poder aproveitar non só texto, senón bases de dados ou imaxes.
Na liña das actividades de amarinha.gal, tentando un maior control propio da nosa vida na rede, tanto o vídeo da actividade como a presentación ou o fanzine están dispoñibles en internet de xeito libre. Pode accederse a eles de varios xeitos. Por exemplo, dende blogs.amarinha.gal. E en pouco tempo, tamén a partir de Commons.wikimedia.org, xa que o colectivo mantivo contacto con Wikimedia España para o seu desenvolvemento.
De cara a próximas datas, están previstas outras actividades de amarinha.gal. En Mondoñedo, as próximas semanas sobre soberanía dixital da man de distintos membros do colectivo, con admisión restrinxida. O próximo mes, de novo na Biblioteca Pública de Ribadeo outra actividade libre, desta volta sobre linux. Asemade, estase en xestións para facer noutros lugares da Mariña novas edicións de actividades abertas xa desenvoltas, tentando expandir o coñecemento libre.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



