Perdas de ata o 80% debido ás pragas provocadas pola humidade e a calor poñen en risco a viabilidade do sector produtor de faba
A Mariña, 6 de Marzo 2025. A situación crítica que atravesan os produtores e produtoras de faba é unha evidencia que vimos poñendo de manifesto desde hai meses, con perdas do 80% das colleitas debido ás pragas provocadas pola humidade e a calor.
Este feito afecta por igual á produción en Galiza, nomeadamente na comarca da Mariña, e en Asturias.
A idéntica situación que se dá nos dous territorios propiciou este encontro no que van participar produtoras de ambas marxes do Eo, entre elas a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, que tamén é produtora de faba de Lourenzá.
O que COAG Asturias pretende con esta reunión é crear un Grupo de Traballo para consensuar propostas e accións en aras de defender os intereses do sector que viven unha situación de incerteza que os leva ao peche se desde as Administracións non se toman medidas inmediatas e urxentes.
A reunión vai ter lugar mañá, venres 7 de marzo, no Liceo de Navia ás 12 horas, e desde aquí animamos a todos os produtores e produtoras a participar e crear unha forza común en defensa de dos intereses da faba asturiana e galega.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



