O conselleiro participa na 32 edición desta cita gastronómica declarada en 2008 de Interese Turístico Galego
Cervo, 15 de marzo de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou este sábado na 32 edición da Festa do Ourizo de San Cibrao, declarada de Interese Turístico Galego pola Xunta de Galicia en 2008, e que durante esta fin de semana converte a este municipio de A Mariña na capital galega deste equinodermo. Tal é así que, en palabras do responsable autonómico, eventos gastronómicos como o referido poñen en valor a excelente calidade dos produtos marítimos-pesqueiros que a cadea mar-industria pon a disposición dos consumidores e, de xeito paralelo, a riqueza cultural, turística e paisaxística dos territorios costeiros.
Para a exaltación deste apreciado manxar, que constitúe a base das diferentes receitas, é preciso recollelos os días previos para degustalos frescos ou cocidos, pois só serven os exemplares extraídos como moito tres días antes. Bares e restaurantes da vila prepárano de diferentes formas: en croquetas, en empanada, en tortilla, ao natural ou en pudin. A festa, que se celebra sempre nestas datas, xa que a tempada ideal para consumir os ourizo de mar sitúase entre os meses de xaneiro e marzo, arrancou ao mediodía cun showcooking cos cociñeiros Bruno Pena e Jesús Villarino, ademais da barista Sofía Prieto. Os asistentes puideron degustar este produto na Praza dos Campos e nos sete locais que se suman á xornada.
GALICIA SABE AMAR en Xove
Previamente, o máximo responsable de Mar achegouse ata unha das foodtrucks de GALICIA SABE AMAR que esta fin de semana recalou en Xove, co gallo da concentración da Asociación Galega de Autocaravanas. Trátase dun evento que reunirá ata o domingo entre un 150 e 180 vehículos que desprazarán a unhas 250 persoas, data na que está prevista a inauguración das áreas de autocaravanas do centro de Xove e da praia de Esteiro.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



