Foz, 8 de abril, 2025. A Garda Civil detivo a un veciño de Foz como suposto autor dun delito contra a saúde pública (tráfico de drogas), tras serlle intervida unha caixa con envoltorios no seu interior, que contiñan unha substancia de cor branca que, tras as primeiras comprobacións practicadas e a expensas das análises definitivas, deu positivo en heroína.
Os feitos tiveron lugar o pasado domingo na localidade focense, cando unha patrulla da Garda Civil observou nas inmediacións dun local de hostalería a existencia dun vehículo estacionado cun único ocupante no seu interior, e este a o advertir a súa presenza, efectuou diversos e rápidos movementos que levantaron as sospeitas dos axentes.
Cando procedían á identificación do ocupante do turismo, os Gardas Civís observaron como se dirixía ao lugar outra persoa e esta ao ver aos axentes deuse rapidamente a volta e iniciou a fuxida do lugar, sendo identificado posteriormente por un dos compoñentes da patrulla, momento no que deixou caer ao chan unha caixa metálica cunha decena de papelinas de supostamente heroína, segundo comprobouse nos test indiciarios practicados.
A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Garda dous de Viveiro.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



