A prematura caída do goberno de Luís Montenegro o 11 de marzo, após perder una moción de confianza, obrigou o Presidente da República, Marcelo Rebelo, a adiantar eleccións lexislativas en Portugal para o 18 de maio, as segundas en pouco máis dun ano.
O motivo da caída de Montenegro foi a sospeita de conflito de intereses polos vencellos da empresa da súa muller e fillos, Spinumviva, co grupo de casinos Solverde, que se podería ver beneficiado polas decisións do Goberno. Dous apuntamentos que convén engadir para por contexto: Portugal é un país profundamente centralista onde (agás nas Azores e Madeira) case todo o importante pasa por Lisboa, e o señor Montenegro está casado en réxime de bens gananciais.
A acción de goberno do “revival” da Aliança Democrática (PSD e CDS-PP), sen ser especialmente brillante, non tiña unha mala valoración até a filtración desa información, produto dunha moción de censura (habitual en Portugal) que o Chega presentara contra Montenegro. As cifras de crecemento económico en 2024 foron do 1,9 %, a inflación do 2,4 % e o desemprego baixou a 6,4 %, o máis baixo dende 2011. Se ben hai problemas de poder adquisitivo na poboación, case todas as enquisas, até febreiro, daban unha vitoria da AD nunhas novas eleccións lexislativas.
Así e todo, o Partido Socialista (PS) xogou o papel de oposición responsable. En primeiro lugar, non bloqueou a aprobación do programa de Luís Montenegro para non coincidir con Chega en marzo de 2024. E, no outono, e pola mesma razón, abstívose para facilitar a aprobación dos Orzamentos de 2025. Pedro Nuno Santos, o seu líder, está na posición de ofrecer fiabilidade e diálogo ante o Chega, partido ante o que hai un cordón sanitario en Portugal que se cumpre.
Temos certezas para o 18 de maio? Realmente, non, todo está no aire. E mesmo as enquisas son contraditorias. O electorado desconfía das explicacións de Montenegro e cre maioritariamente que si houbo conflito de intereses (71,3 %, segundo enquisa para Correio da Manhã publicada o 12 de marzo). Pero, aínda máis, a Procuradoria Geral da República está nun proceso de indagación onde reclama documentación ao Primeiro Ministro. Aí está o principal problema da AD: a teima por presentar un candidato que, en calquera momento, pode pasar ao estatuto xurídico de arguido (sospeitoso), co consecuente custo político. As enquisas reflicten esta situación e, na última semana, dan unha vitoria pola mínima ao PS de Pedro Nuno Santos, mais cunha volatilidade máxima e por debaixo da marxe de erro técnico.
Hai outras tendencias xerais nesas enquisas que quero sinalar: Chega baixa, pero non tanto como indicaban hai pouco máis dun mes, o Livre gaña apoios e mantén unha pugna cos comunistas da CDU para liderar o espazo á esquerda do PS. A Iniciativa Liberal ten un comportamento demoscópico incerto, pero semella que manterá posicións. O Bloco de Esquerda baixaría e os animalistas do PAN subirían. O que si queda definido é que estaremos ante unha Assembleia da República sen maiorías absolutas e que Chega, malia os esforzos do Bloco Central (PSD e PS) por evitalo, será decisivo doutra volta.
Quizais hai quen ve na posible vitoria do PS un acto de xustiza poética: António Costa dimitiu por unha investigación xudicial da que foi exonerado por completo e sen ter que ir a xuízo. Daquela, Marcelo Rebelo forzou o adianto electoral aínda que os socialistas tiñan maioría absoluta (algúns din que por razóns ideolóxicas) e agora é posible que, polo mesmo criterio, o PS volva ao Palácio de São Bento. Veremos que acontece o 18 de maio.



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



