Lugo, 19 de abril de 2025. O Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo acolle desde hoxe a exposición Os maragatos da Porta de San Pedro, que organizan o Colectivo Egeria e a Fundación Pérez- Carro, e que estivo aberta anteriormente nas bibliotecas de Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense, e no Centro de Interpretación “A Vila das Feiras” de Monterroso.
No acto de inauguración participaron Manuel Ángel Otero, alcalde de Mondoñedo; Félix Villares, deán da Catedral de Mondoñedo; e Xulio Xiz, presidente de Egeria.
A exposición, que poderá visitarse ata o 25 de abril, está composta por doce paneis -en galego e castelán- e recolle un resumo da historia da familia Pérez-Carro, asentada en Lugo desde 1880, e do seu importante papel comercial e social na cidade no decurso destes 145 anos. Os contidos da exposición están recollidos no catálogo que se entregará gratuítamente aos visitantes.
Os maragatos da porta de San Pedro
Cara a 1880, a primeira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por Tomás Pérez Carro e
Vicenta García Carro, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. O 19 de abril de 2021 cumpríronse 40 anos do falecemento do cabeza de familia da segunda xeración, Tomás Pérez-Carro García (Lugo, 1895).
Con este motivo, a terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo, e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro María Del Carmen Pérez-Carro García, a máis nova dos membros da terceira xeración dos maragatos da Porta de San Pedro.
Un pouco de historia
A primeira xeración dos Maragatos da Porta Toledana, avós dos actuais, estableceuse primeiro fronte á Porta San Pedro, fóra de murallas, para alí poder comercial libremente sen ter que pagar os fielatos, un dos cales estaba precisamente situado nesta Porta. Crese que Tomás Pérez Carro (que faleceu en Lugo en 1914) e a súa esposa Vicenta García Carro (falecida en 1944) chegaron a Lugo en 1880 procedentes de Santa Colomba de Somoza, na Maragatería, aínda que como o matrimonio se celebrou o 3 de febreiro de 1883, hai que supoñer que Tomás veu só e, unha vez afianzado en Lugo, casou en Santa Colomba de Somoza e entón a súa muller acompañouno a esta cidade.
A segunda xeración conformárona os seus tres fillos: Carmen Pérez- Carro García que casa con Tomás Carro, tamén maragato, en 1913, e falecería sen descendencia en 1944; María Dolores Pérez-Carro García, que falecería en 1911; e Tomás Pérez-Carro García, nacido en 1895 e falecido o 19 de abril de 1981, que casou en 1932 con María Dolores García Crespo, nacida en 1905, de familia maragata residente na Coruña.
Do matrimonio Pérez-Carro García-García Crespo naceron seis fillos, que conforman a terceira xeración: Tomás (1933), falecido en 1939; María Dolores (1934), falecida en 1992; José (1936), casado
con Gabriela Fole Nieto, falecido en 1916; Andrés (1936), casado con Adela Ríos Panisse; Vicente (1938), casado con María Isabel López- Acuña López, falecida en 2020; e María Del Carmen Pérez-Carro García (1942).
María Dolores, Licenciada en Económicas, foi Delegada en Lugo do Padroado Nacional de Protección de Menores; José, estivo dedicado aos negocios da familia; Andrés, Cardiólogo da Seguridade Social, na actualidade xubilado; Vicente, avogado, foi Asesor Xurídico do Concello de Lugo e María del Carmen, Licenciada en Ciencias Políticas e en Dereito, Graduada en Maxisterio coa carreira elemental de piano, abandonou todas estas actividades para dedicarse en exclusiva ao negocio familiar da rúa de San Pedro para rexer a máis orixinal e emblemática tenda da capital lucense.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



