Mondoñedo, 29 de abril de 2025. A Xunta de Galicia colabora co Concello de Mondoñedo e a Asociación As San Lucas na organización da feira das Quendas, que se celebrará na localidade os días 30 de abril e 1 e 2 de maio. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación da programación.
O pregón terá lugar no auditorio municipal Pascual Veiga o mércores 30 ás 21,00 horas e correrá a cargo de Xulia Nogueira, directora do coro Mestre Pacheco e mestra da Escola Municipal de Música de Mondoñedo. A continuación haberá verbena coas orquestras Charleston Big Band e Cayenna.
O día 1 celebrarase a Feira do gando e a XLI Festa da Empanada, cun mercado de produtos do campo ou un obradoiro de amasado de empanadas e pan, entre outras actividades. O venres 2 completa o cartel o monólogo “A penúltima”, do actor Carlos Blanco, tamén no auditorio.
Por outra banda, xa están escollidas as Quendeiras. Tres rapazas do colexio público Alvaro Cunqueiro Mora: Nora Redondas Lema, Carmen López Exposito e Paula Fernández Candia.

Colaboración da Vicepresidencia da Deputación
A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coas Feiras e Festas das Quendas.
A área dirixida por Daniel García colabora coa Asociación As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandeiría, como a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas na que participan gandeirías da comarca e doutros puntos de Galiza.
O recinto tamén acollerá unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de porco celta, ovella e cabra galega e cabalos de Pura Raza Galega. Ademais, durante a xornada celebrarse un certame morfolóxico de cabalos de Pura Raza Galega.
Daniel García felicitou á organización por “seguir impulsando unha feira que pon en valor a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, fundamental na conservación do territorio” e valorou tamén “o protagonismo das razas autóctonas e dos certames de Pura Raza Galega, que espertan un gran interese en todos os lugares en que se veñen celebrando da man de Puraga, e das degustacións e demostracións culinarias que promocionan os produtos de razas autóctonas para fomentar o seu consumo”
Os produtos de razas autóctonas tamén estarán presentes na xornada grande, con demostracións de cociña coas asociacións Puraga e Boaga, que amosarán as posibilidades culinarias dos productos de razas autóctonas. Co obxectivo de promocionar o consumo destes produtos, o programa Un gusto de rural, un rural degusto da área de Rural tamén estará presente nas Quendas, con degustacións gratuítas de tapas con carne de poldro de Pura Raza Galega e Porco Celta nos bares de Mondoñedo os días 2, 3 e 4 de maio.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



