O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, explica que “a pesar do esforzo realizado polos traballadores municipais” quedaron algo máis de dous quilómetros do paseo sen desbrozar
Barreiros, 17 de abril de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros denuncian a falta de previsión do goberno local para ter en bo estado a imaxe do municipio xa que “en plena Semana Santa os desbroces están a medio facer e só se abriu unha parte dos aseos públicos do paseo”.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, explica que dos 6 quilómetros dos que consta o paseo marítimo “hai algo máis de dous sen desbrozar e aqueles puntos nos que se actuou quedaron zonas sen limpar correctamente polas présas que lles meteron aos traballadores municipais”. “A pesar de todo queremos agradecer publicamente o esforzo realizado polos traballadores municipais por deixar a imaxe do noso concello no mellor estado posible”, afirmou.
“Chegamos a este punto pola falta de previsión do goberno local que, en lugar de ter os desbroces realizados antes do inicio da Semana Santa, vemos como tentaron durante estes días facer todo ás présas e non lles deu tempo”, denunciou, poñendo énfase en que as zonas das praias do Acantilado, San Bartolo e Altar quedaron sen desbrozar, “a pesar de ser varios dos puntos máis turísticos do concello”.
ASEOS PÚBLICOS SEN ABRIR
José Manuel Gómez Puente tamén explica que os aseos públicos de Coto, Acantilado e Anguieira están sen abrir, a pesar de ser unhas praias que abranguen uns 3 quilómetros do paseo e estar xustamente todos na mesma parte do paseo.
“O lóxico sería abrir os aseos de forma escalonada para que a totalidade do paseo tivese acceso a aseos públicos, pero non o fixeron así, o que é un novo exemplo da nefasta planificación do goberno local”, denunciou.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



