Agradece todo o traballo feito por cada unha das cofradías que forman a Xunta de Cofradías porque levan meses traballando para que a Nosa Semana Santa sexa un referente
Viveiro, 22 de abril de 2025. Aínda que a choiva non deixou que saíran polas nosas rúas a maioría das procesións, Viveiro estivo ateigado de visitantes que viñan non só ver as procesións senon tamén o noso patrimonio relixioso. Isto foi posible gracias Antesala dun Museo, e as Igrexass para aqueles visitantes que podían ver as imaxes expostas e así ver un trociño da nosa Semana Santa.
A Xunta de Cofradías que é a organizadora da nosa Semana Santa leva xa dende hai meses traballando para que Viveiro sexa un referente tamén dende o punto vista turístico. “Hai que agradecer que un grupo de veciñas/as de xeito altruista dediquen horas e horas para que a nosa Semana Santa sexa das máis importantes de España”.
“Este é o éxito da Semana Santa de Viveiro, a implicación de todos os veciños/as independientemente da sús creecias relixiosas e tamén o respeto e a tolerancia dos viveirenses. Nun soa participan miles de veciños/as e tamén visitantes que queren vivila dende dentro”.
“É tan especial que cada veciño/a atopamos nela ese un motivo diferente para vivila”.
“Este ano non puidemos desfrutar de todas as procesións, agardamos para o ano que ven”.