A alcaldesa Mariña Gueimunde describe a proba como «senlleira e referencial non só na Mariña, senón tamén en toda Galicia»
Viveiro, 22 de abril de 2025. A décimo cuarta edición da Carreira Camovi disputarase os días 26 e 27 de abril no Monte San Roque de Viveiro. Arredor de mil corredores tomarán parte nunha cita que contará con sete probas diferentes. O sábado terán lugar a Andaina Ramón Blanco ás 9.30 horas e a Camovi Kids ás 16.30. O domingo celebraranse a C42K e a Camovi Relevos 42K a partir das oito da mañá e, máis tarde, a C21K e a C18K ás 10.45 horas, e a C10K ás 11.30.
Nas probas Camovi Kids, C21K e C10K xa se acabaron as prazas dispoñibles. Os interesados aínda poden apuntarse ata hoxe ás 23.59 horas na andaina e ata medianoite de mañá nas carreiras C42K, Camovi Relevos 42K e C18K.
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, afirmou que «a carreira polos montes de Viveiro será un éxito para a organización, para os participantes e, en definitiva, para todos nós, que podemos estar orgullosos de ter a carón das nosas casas unha proba senlleira e referencial non só na Mariña, senón tamén en toda Galicia».
Ademais de Mariña Gueimunde, participaron na presentación Efrén Castro, vicepresidente da Deputación; Javier Arias, delegado da Xunta de Galicia en Lugo; Alejandro López, presidente da Federación Galega de Montaña; Manuel Otero, delegado de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; e membros da organización.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


