Ribadeo, 3 de maio de 2025. Acisa Ribadeo regalará flores pola rúa o vindeiro domingo, 4 de maio, a todas as persoas que queiran sorprender ás súas nais esa xornada. E ti que lle regalas a mamá? é o slogan da campaña do día da nai da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, que sorteará unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo; e unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, lembra que “aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados ata o 4 de maio reciben papeletas para participar no sorteo dos tres premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos; unha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo; e unha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, indica que “son 9.000 as rifas que poñemos en circulación nesta nova edición da campaña do día do nai de Acisa Ribadeo. O sorteo non presencial celebrarase o 6 de maio a porta pechada nas nosas oficinas escollendo tres rifas de todas as que foran cubertas nestes días e posteriormente daranse a coñecer os gañadores nas redes sociais e nos medios de comunicación. As bases do sorteo poden consultarse na web e nas redes de Acisa”.
Cruzado Iglesias subliña que “o próximo domingo, 4 de maio, é a data na que celebramos o día da nai, xornada moi importante para ter un detalle con elas.. Todo o que precisamos para sorprendelas podemos atopalo no comercio de Ribadeo, que é un referente en toda a contorna, e despois podemos saír celebralo na hostalería local. Ese día, o 4 de maio, en Acisa repartiremos flores polas rúas para ter un detalle coas mamás coas que nos atopemos, ao igual que xa fixemos en anos anteriores. Estaremos polas rúas comerciais de Ribadeo a partires das doce do mediodía. As persoas que queiran unha flor, que nos busquen, estaremos encantados de agasallalas”.
O xerente de Acisa anima “a mercar no comercio local, ese que temos a carón das nosas casas, no que traballan persoas que coñecemos e onde recibiremos consellos e atención personalizada para elixir o que máis nos interesa para sorprender ás homenaxeadas nunha data tan especial”.
A campaña do día da nai de Acisa Ribadeo está cofinanciada pola Xunta de Galicia, e conta coa colaboración de Bodegas Docampo e A Horta de San Roque.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



