A dirección do centro advertira durante os últimos anos sobre a súa deterioración, motivo polo que foi unha das prioridades do executivo liderado por Ana María López desde a súa entrada no goberno
Cariño, 8 de maio, 2025. O Concello de Cariño comunicou o fin dos traballos de retirada e substitución de varios postes do tendido eléctrico situados na zona do CEIP Manuel Fraga Iribarne, dous dos cales se atopaban situados dentro do propio recinto do centro escolar, xerando unha situación de risco evidente para o alumnado dado o mal estado no que se atopaban.
Esta intervención dá resposta a unha das reclamacións máis urxentes e reiteradas por parte da comunidade educativa durante os últimos anos e que non se había resolvido ata o momento. A diferenza do ocorrido en etapas anteriores, nas que esta problemática foi reiteradamente ignorada ou derivada a outras administracións, o executivo encabezado por Ana María López asumiu a responsabilidade de dar solución a esta situación desde que entrou no goberno, marcando esta actuación como unha das súas prioridades.
Desta maneira, en outubro do pasado ano 2024, o goberno local contactou directamente coa dirección da empresa UFD Eléctrica para trasladar a gravidade do asunto e esixir unha actuación urxente. Dúas semanas despois, o proxecto xa estaba elaborado e listo para a súa execución, prevista nun primeiro momento para finais de 2024. Con todo, as obras non puideron dar comezo ata xaneiro de 2025 por razóns loxísticas alleas ao Concello, resolvéndose finalmente esta mesma semana, tal e como comunicou o Consello Escolar do centro.
A rexedora de Cariño, Ana María López, mostrou a súa satisfacción co resultado, destacando que “esta actuación era una prioridad para nuestro gobierno por el peligro que suponían los postes en ese estado, especialmente en un entorno escolar”, apunta, añadiendo que “era algo que el colegio llevaba tiempo reclamando, por lo que hemos actuado con responsabilidad y decisión desde el primer momento”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



