Javier Castiñeira considera que “o único obxectivo do alcalde é borrar todo o feito polo anterior goberno do Partido Popular, aínda que iso implique malgastar centos de miles de euros e complicarlle a vida á veciñanza”
Foz, 9 de maio de 2025. O Partido Popular de Foz acusa a Cajoto de levar a cabo un modelo urbanístico que “deshumaniza o centro da vila, maltrata espazos públicos e esquece por completo ás persoas”. Así o denuncia o voceiro do PP, Javier Castiñeira, quen considera que “o único obxectivo de Cajoto é borrar todo o feito polo anterior goberno do Partido Popular, aínda que iso implique malgastar centos de miles de euros e complicarlle a vida á veciñanza”.
Os populares lembran que as obras no Barrio das Casas Baratas levan máis de dous anos de atraso e un sobrecusto que ronda os 150.000 euros. “É unha auténtica vergoña que os veciños leven tanto tempo sufrindo esta situación. Cajoto prometeu solucionar isto e o que fai é agravar o problema”, asegura Castiñeira. A esta situación engádense modificacións innecesarias nos proxectos aprobados polas corporacións anteriores, así como gastos sen sentido en actuacións como os novos aparcadoiros na intersección entre Illanova e a Avenida de Sarria.
Desde o Partido Popular tamén se critica con dureza o afán do alcalde por desfacer todo o realizado durante os mandatos de Javier Castiñeira. A remodelación da Avenida da Mariña é un exemplo claro, onde o PP acusa a Cajoto de destruír unha das zonas máis humanas de Foz”. “Elimináronse arbores para pintar pasos de peóns enfronte e colocáronse bolardos que restan espazo peonil e devolven o protagonismo ao asfalto”, afirma o voceiro popular.
Mentres tanto, outras rúas da vila seguen abandonadas, con fochancas que medran día a día e pasos de peóns mal pintados, como o que hai diante do edificio de Telefónica, a carón do Colexio Público Nº 1, con evidente risco para a seguridade.
“O modelo de Cajoto é frío, gris e hostil. Mentres presume de modernidade, está acabando coa esencia do centro de Foz”, engade o voceiro do PP.
Desde o Partido Popular denuncian tamén a falta de diálogo do alcalde cos veciños: “Cajoto non escoita a ninguén, nin asociacións, nin comerciantes, nin oposición. O seu afán por cambialo todo está hipotecando a mobilidade da vila por décadas”.
“Se hai un título que define ao alcalde é este: Cajoto, o deshumanizador do centro urbano de Foz”, conclúe Castiñeira.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



