Lourenzá, 13 de maio de 2025. Esta pasada fin de semana celebrouse o primeiro Gran Premio Faba de Ouro de tiro olímpico, evento organizado por un grupo de laurentinos que se iniciaron recentemente nesta práctica deportiva e que contaron coa colaboración do Concello de Lourenzá.
Esta proba celebrouse nas instalacións do Real Aeroclub de Lugo e reuniu a algúns dos mellores tiradores de Galicia, Asturias e Castela-León. O gañador da Faba de Ouro foi Darío Piroscia Penado, do CTO Castro, de Ferrol. Na categoría sénior o podio completárono José Manuel Arias Vázquez, do Aeroclub Lugo, en segundo lugar; e Gervasio Murado Linares, do mesmo club e que foi terceiro.
Na categoría damas a vitoria foi para Verónica Amado Figueredo, do Aeroclub Lugo; seguida por Judith Baña Matalobos, do CTO Castro, de Ferrol; e María Teresa Pérez Grao, de Club Cabe, de Monforte.
Na categoría veteranos el podio ocupárono, por esta orde: Javier Pereira Lopez, do Aeroclub Lugo; Manuel Rivas Couso, tamén do Aeroclub Lugo; e Manuel Torrón Puga, do Club San Froilán, de Lugo.
A entrega de trofeos levouse a cabo no Pazo de Tovar (Lourenzá), onde os participantes se xuntaron nunha comida.
A organización da Tirada da Faba de Ouro de Lourenzá agradeceu a todos os participantes, árbitros e voluntarios a súa colaboración e dedicación. Tamén expresou a súa gratitude ao Concello de Lourenzá pola súa contribución e cooperación con este evento.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.

