Ribadeo, 15 de maio de 2025. Novo convenio do Concello de Ribadeo coa Xunta de Galicia, para financiar as melloras da galería do centro de día A Concordia. O importe ascenderá a 60.000 euros. As instalacións foron visitadas hoxe polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, na compaña do alcalde, Dani Vega, e da concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, entre outros.
O rexedor dixo: “un novo convenio para mellorar o centro de día, 60.000 euros. Para qué? Para mellorar a galería. Hai que repoñer esa galería por falta dun mantemento durante todos estes anos. Os vidros estaban danados, carecían das propiedades térmicas, por esa falta de mantemento durante todos estes tempos”.
Vega contou que “esta galería non se estaba usando porque as persoas, a partir de maio, imposible que estiveran aí sentadas, polo tanto non era unha galería, máis ben era unha sauna e de aí as queixas por parte dos traballadores e traballadoras, por parte das persoas que van ao centro de día, así como das familias, que nos estaban reclamando actuar no centro de día, e vamos mellorar toda esa infraestrutura tan necesaria para pasar o día aí, para facer actividades, para contemplar a ría. É dicir era un espazo que non estaba aproveitándose e a partir desta mellora, deste convenio, evidentemente, esa galería volverá ser esa parte fundamental tamén do centro de día”.
Dani Vega subliñou que este é o terceiro convenio asinado coa Xunta para afrontar diversas melloras no centro de día: “é o terceiro convenio, con este, actuamos xa en distintos puntos do centro de día, melloramos tamén por fora toda a estética, polo tanto estamos mellorando as instalacións do centro de día A Concordia, de Ribadeo. Seguimos xestionando o orzamento necesario para mellorar as infraestruturas e así que Ribadeo siga avanzando”.




















O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



