Navia, 16 de maio de 2025. As alcaldesas de Navia, Coaña e Villayón continúan traballando de forma coordinada nunha estratexia que busca impulsar a formación, adaptándoa ás necesidades reais do tecido empresarial do occidente asturiano. Nas últimas semanas, mantivéronse xa catro reunións con representantes de empresas dos tres sectores produtivos —industria, sector primario e servizos— para recoller de primeira man os retos e propostas do territorio.
Ana Fernández, alcaldesa de Navia, explica: “La problemática es común en todos los sectores: falta mano de obra. Pero también hemos podido identificar particularidades importantes en cada ámbito. Las empresas nos han trasladado dónde creen que está la clave para encontrar esa mano de obra, cómo debería adaptarse la formación a la nueva realidad del mercado laboral y qué esperan de las administraciones. Para poder concretar todo esto, les hemos entregado cuestionarios que nos permitirán obtener datos más detallados y, a partir de ahí, plasmarlo en un documento de conclusiones y propuestas concretas con el que actuar”.
Desde Coaña, a súa alcaldesa, Rosana González subliña o valor do proceso: “Para mí, han sido reuniones en las que he aprendido mucho. Es fundamental trabajar codo con codo con el tejido empresarial, porque son los tractores económicos de nuestros municipios. Tienen dificultades que desde las administraciones debemos atender. La respuesta ha sido muy positiva y valoro enormemente que estén dispuestos a colaborar con las instituciones para encontrar soluciones y dar vida a nuestra comarca”.
Por súa banda, Estefanía González, alcaldesa de Villayón, salienta a implicación do empresariado local: “Me llamó especialmente la atención el agradecimiento que nos expresaron por escuchar sus problemas. Necesitamos, desde la administración local, apoyar al empresariado si queremos fijar población y contribuir al relevo generacional. El emprendimiento necesita un revulsivo, y no podemos quedarnos de brazos cruzados”.
A proposta dos tres concellos céntrase en deseñar un novo plan formativo con enfoque comarcal. Non se dirixe unicamente a persoas desempregadas, senón tamén a quen xa traballan e necesitan actualizar as súas competencias. A meta é impulsar unha oferta formativa práctica, accesible e adaptada á contorna. Unha ferramenta que contribúa a fixar poboación, atraer profesionais e responder as demandas dos sectores crave para o desenvolvemento do territorio.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



