Ribadeo, 21 de maio de 2025. Ribadeo ven de solicitarlle a Turismo de Galicia colaboración para arranxar a estrada da Costa e tamén para os distintos eventos que o Concello organiza ao longo de todo o ano no municipio. Ademais danse novos pasos para a posta en marcha da oficina de turismo de Galicia na antiga Casa Maseda.
O alcalde, Dani Vega, contou que “mantivemos unha reunión de traballo con Turismo de Galicia, coa Dirección Xeral, para propoñerlle e xestionar varias cuestiones. A primeira delas, unha reunión de traballo para solicitar arranxar, dunha vez por todas, a estrada da costa. Todos somos conscientes do abandono desta estrada e tamén da variante de Rinlo, que lle chamamos así.Temos que darlle unha solución ao problema do tráfico, ao problema da falta de aparcadoiros que ten Rinlo, xa que os coches póñense en calquera punto e iso está obstaculizando o día a día dos veciños de Rinlo e tamén ese tráfico que interrompe moito a vida cotiá da veciñanza. Queremos poñerlle unha solución ao turismo que está tendo Rinlo, e que non pode ser un turismo desordenado, senón todo contrario. Se queremos traballar nese turismo de calidade temos que poñer moita inversión para dar solucións, por exemplo, a esa variante de Rinlo. Tamén dar un bo servizo, aos establecementos turístico que hai no entorno desa estrada”.
O rexedor indicou: “e polo tanto a variante de Rinlo como toda a estrada da costa, así entendemos, por parte da Xunta de Galicia vai haber unha colaboración. A xestión foi de 360.000 euros, unha cantidade moi importante e que, evidentemente, nosoutros a estrada da costa sempre fomos e somos defensores de que hai que arranxala. Xa o acreditamos arranxando Vilaselán-Rinlo, pero agora queda o seguinte tramo ao que debemos poñerlle solución. Eu creo que en breve poderemos ter noticias moi positivas”.
Vega explicou que “tamén le pedimos colaboración à Xunta de Galicia, á Dirección Xeral de Turismo, para as distintas actividades tanto festivais como eventos para o Ribadeo Indiano. En definitiva, colaboración económica para seguir dinamizando a vida de Ribadeo, ese turismo de calidade, ese turismo de todo ano, sempre o dicimos Ribadeo ten vida todo ano, polo tanto creo que dende a Xunta, dende Turismo de Galicia, debe haber unha colaboración orzamentaria para axudar, colaborar economicamente para facer tanto evento.
E grazas a esa colaboración podemos facer tantos eventos e así dinamizar Ribadeo”.
O alcalde seguiu a relatar que “tamén informamos de que foi a pleno a expropiación e a resposta das alegacións da oficina de turismo de Ribadeo, a oficina de turismo de Galicia, ese punto de información ao peregrino, que é a Casa Maseda. Xa lle trasladamos os pasos todos a Turismo de Galicia, tamén pedimos agora a urxente ocupación, e ten que dar unha solución tamén a Dirección Xeral de Administración Local”.
Para Dani Vega “son tres propostas moi importantes. Una, desde un punto de vista de infraestruturas, para seguir traballando nese turismo de calidade, a oficina de turismo, pasos importantes neste tempo, e xa lle podemos dar boas noticias á Xunta para ter esa oficina de turismo de Galicia en Ribadeo e tamén solicitarlle colaboración para as actividades que ten Ribadeo, que son moitas”.
O rexedor subliñou: “tamén temos que dicir que desde a Xunta, desde a Dirección Xeral de Turismo, felicitáronnos polo crecemento no turismo nestes 2 anos e tamén nese turismo de calidade. Pero dígoo e sublíñoo, o turismo de calidade de Ribadeo non é unha cousa deste goberno, é unha cousa de todos os gobernos porque todos intentaron, e eu creo que o conseguiron, traballar nese turismo ordenado, nese turismo de calidade. Vamos seguir nesa liña. Dende a Xunta felicitáronnos, dende a Dirección Xeral de Turismo, e tamén evidentemente, seguir coordinados no traballo da praia das Catedrais, nese monumento natural, digamos que a catedral laica de Galicia está sendo un reclamo non só para o turismo de Ribadeo, senón para o turismo de España e de Galicia”.
E engadiu: “desde a coordinación, desde a planificación, esta reunión foi moi positiva e, partir de agora, vamos ter esas colaboracións económicas e tamén solucións para que Ribadeo siga avanzando”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



