As concelleiras de Servizos Sociais e de Festas e Festexos achegáronse ao seu domicilio para felicitala en nome de toda a veciñanza
Burela, 21 de maio de 2025. Este martes foi un día moi especial para Rosario Balseiro Valle, veciña de Burela que celebrou o seu 101 aniversario rodeada da súa familia e recibindo o agarimo de todo o pobo. Como mostra do afecto da comunidade, as concelleiras de Servizos Sociais, Sandra Fernández, e de Festas e Festexos, Patricia Eijo, desprazáronse ata o seu domicilio para facela partícipe das felicitacións en nome do Concello e de toda a veciñanza.
Durante o encontro, as representantes municipais entregáronlle a Rosario un ramo de flores como mostra do recoñecemento institucional e transmitíronlle os parabéns en nome de toda a veciñanza. A visita desenvolveuse nun ambiente familiar e tranquilo, con momentos compartidos entre Rosario, os seus achegados e as concelleiras.
A concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, destacou que “é unha honra poder felicitar a Rosario polos seus 101 anos; representa unha vida chea de experiencias e é un orgullo para nós como pobo acompañala neste día”.
Pola súa parte, Patricia Eijo subliñou “a alegría de poder celebrar esta data tan especial con ela e a súa familia. Son momentos que reforzan os vínculos da comunidade e que poñen en valor o respecto polas persoas maiores”, concluiu.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



