Viveiro, 26 de maio, 2025. O grupo municipal do BNG de Viveiro vén de presentar unha moción para esixir solucións inmediatas “ante a grave situación da sanidade pública na comarca, especialmente no centro de saúde de Viveiro, que segue colapsado e continúa con menos da metade da súa plantilla médica cuberta”, afirman.
Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldía e portavoz municipal do BNG, advertiu que “a veciñanza está vivindo situacións dramáticas, con listas de espera de 20 días para unha consulta de atención primaria e sen profesional sanitario de referencia en moitos casos”. Lembrou que a finais de 2023 o centro chegou a abrir con só 2 facultativos de familia dos 11 previstos, sen pediatría, con cinco consultas menos de enfermaría e atendendo unicamente patoloxía urxente. “A Xunta pretende culpabilizar á cidadanía por denunciar a realidade, pero o centro segue colapsado e o abandono é evidente”, engadiu.
“A situación é igualmente alarmante no Hospital da Mariña, onde as listas de espera para consultas, seguimentos e intervencións chegan aos cinco anos nalgúns casos, e onde a falta de persoal afecta a practicamente todas as especialidades. Hoxe só están cubertas 4 das 11 prazas de Medicina Interna, 1 das 3 de Anatomía Patolóxica, 1 das 3 de Dixestivo, 1 das 3 de Cardioloxía, 3 das 5 de Radioloxía e hai dúas prazas sen cubrir en Uroloxía”. “Mentres, os pacientes seguen a ser derivados ao HULA, saturando ese hospital e deixando sen atención axeitada a milleiros de persoas na Mariña”.
Pola súa banda, Bea Lage, responsable local do BNG, denunciou a “estratexia planificada do Partido Popular para desmantelar os hospitais comarcais, derivando pacientes ao HULA e precarizando os servizos básicos como a pediatría, que só se mantén pola presión social”.
A moción inclúe a demanda de cobertura total de prazas, a estabilización do servizo de pediatría e o envío do acordo a outros concellos mariñaos para sumar forzas.
O BNG tamén criticou duramente as declaracións recentes do conselleiro de Sanidade, que afirmou nun foro público: “¿Que la gente mayor no sabe de tecnología? Y una mierda, con perdón. La gente mayor maneja la app del Sergas que te cagas”. “Un comentario inadmisible, que mostra o nivel e o desprezo co que se trata á cidadanía desde o goberno galego”, concluíu Bermúdez.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



