ADEGA e PDRA acudirán aos xulgados se Augas de Galiza non arquiva o expediente da concesión de augas
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2025. A asociación ecoloxista ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) presentou hoxe no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza 1.415 solicitudes de arquivo do expediente de tramitación da concesión de augas do río Ulla para a macrocelulosa de Altri e Greenalia en Palas de Rei, por incumprir os prazos legais de resolución.
Este rexistro masivo tivo lugar o día no que se fai un ano desde a data límite legal (30 de maio de 2024) na que Augas de Galicia debera ter arquivado o expediente de solicitude de concesión de Altri por ter excedido o prazo máximo de resolución, entendéndose desestimada. Malia a ter transcorridos os 18 meses de prazo máximo que fixa o Regulamento de Dominio Público Hidráulico para resolver os expedientes de concesión, Augas de Galiza persiste en manter en trámite o procedemento administrativo derivado da solicitude de Altri para a captación de 46.000 m3/día de auga do río Ulla con destino ao uso industrial na macrocelulosa de Palas de Rei.
As irregularidades na tramitación da concesión de augas provocaron unha manchea de críticas e animaron a milleiros de persoas e entidades galegas a subscribir nos últimos meses a solicitude de arquivo do expediente de augas impulsada por ADEGA. Ao acto público de rexistro das solicitudes tamén acudiron representantes dalgunhas das entidades que colaboraron con ADEGA na recompilación dos escritos dirixidos a Augas de Galiza. Así, estiveron presentes voceiros da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), da CIG, e dos Grupos Vivos organizados en torno á defensa do Ulla nas localidades de Compostela e comarca, Santiso, Agolada, Palas de Rei, Arzúa, do Baixo Ulla, entre outros, aos que ADEGA dirixiu un agradecemento expreso que fixo extensíbel a todas as persoas que participaron nesta campaña de sinaturas.
A concesión de augas, de camiño aos xulgados
A concesión de augas é un dos trámites administrativos da factoría que aínda fican por resolver por parte da Xunta de Galiza para autorizar a macrocelulosa de Greenfiber, e ten unha especial importancia para o proxecto. O outorgamento da concesión de augas é imprescindíbel para que o proxecto de Greenfiber sexa viábel xa que “sen auga, non hai celulosa”, pois é un elemento esencial no proceso industrial de fabricación de pasta de papel.
Dada a relevancia que a concesión de augas ten para a macrocelulosa de Altri-Greenalia, a asociación ecoloxista ADEGA e a Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA) rexistraron hai 15 días un recurso de alzada contra a desestimación por silencio administrativo de Augas de Galiza da solicitude de arquivo do expediente. O recurso de alzada é o paso previo á interposición de recurso contencioso-administrativo contra Augas de Galicia no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), que se fará efectivo en caso de que a Xunta non acceda a arquivar o expediente de augas nos próximos dous meses.
ADEGA, PDRA, CIG e os Grupos Vivos reunidos diante do rexistro da Xunta apelaron á cidadanía galega a participar na mobilización deste domingo, 1 de xuño, que terá lugar en Pontevedra baixo o lema “Nin Ence na Ría, nin Altri na Ulloa”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



