O documento dá continuidade á tramitación iniciada ao inicio deste ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que as confrarías poidan comercializar en primeira venda os excedentes de marisco
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro de traballo con representantes das federacións autonómica e provinciais de confrarías de pescadores para abordar asuntos de interese para o sector. Na xuntanza, a responsable autonómica presentou o borrador inicial da Orde para regularizar a xestión e comercialización dos excedentes derivados do proceso de selección e clasificación dos recursos marisqueiros coa finalidade de explicar o seu enfoque e recoller propostas e suxestións por parte destas entidades sectoriais.
Marta Villaverde sinalou que este documento da continuidade á tramitación iniciada a comezos de ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que os pósitos poidan comercializar ditos excedentes, coñecidos como demasías, en primeira venda. Deste xeito, e no marco do modelo de cogobernanza que preside a xestión pesqueira na comunidade, dáse resposta unha demanda do sector co obxectivo de que estes ingresos repercutan directamente nos profesionais e no reforzo da actividade extractiva. No marco desta nova normativa serán as entidades as que deberán, posteriormente, incluír a comercialización e xestión do ingresos derivados nos seus propios plans de xestión.
O documento presentado recolle aspectos que abarcan, desde a definición destes excedentes, o destino que poden ter, os requisitos para a súa comercialización, os principios que deben presidir a xestión destes recursos ou a titularidade da facturación, entre outros. Segundo este borrador, os ingresos deben repercutir directamente na mellora do sector marisqueiro, polo que a proposta da administración galega é que sexan destinados a facer fronte ás obrigas do correspondente plan de xestión como poder ser os derivados da vixilancia dos bancos marisqueiros, a compra de semente, as actividades de supervisión ou o acondicionamento do marisco para a súa comercialización.
Outros asuntos
Na xuntanza tamén foron abordados outros asuntos como a proposta de modificación do artigo 147 do Decreto de artes co obxectivo de modificar o horario da actividade marisqueira, mantendo as 5 horas diarias de traballo, pero deixando de estar vinculadas ao momento de baixamar ou á saída do sol. Tamén abordouse a posibilidade de realizar modificacións no baremos de selección das prazas para marisqueo a pé, quedando pendente da presentación por parte das federacións dunha proposta inicial ao respecto.




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



