A mensaxe que lanza o Executivo do PP ás mulleres é demoledora, alega, “ponse do lado do presunto agresor e ignora á vítima”
Santiago de Compostela, 6 xuño 2025. A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que o BNG solicitou unha reunión de urxencia da xunta de portavoces do Parlamento para modificar a orde do día e que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareza xa no Pleno da próxima semana para explicar “por que estivo tapando e ocultando durante meses” que o exconselleiro do Mar estaba denunciado por unha agresión sexual.
“Queremos saber se nese momento o señor Rueda xa sabía da gravidade dos feitos ou simplemente mirou para outro lado”, apuntou, tendo en conta ademais as alarmantes informacións que se veñen publicando ao longo do día de hoxe.
“Mantivo isto en segredo durante meses e unha vez que se coñece a noticia non só non cesa ao conselleiro, senón que o que vemos é como se utilizan as institucións públicas para intentar dicirlle á sociedade que esta persoa é inocente”, criticou dende Tui, logo dunha visita a distintas empresas localizadas no polígono industrial das Areas.
A líder nacionalista advertiu que esta actitude do Goberno do PP lanza “unha mensaxe moi perigosa á sociedade e ás mulleres” porque “o que está dicindo o señor Rueda é que cando unha muller denuncia, o presidente deste País, en vez de poñerse do lado da muller, o que está facendo é poñerse do lado do presunto agresor”.
Pontón incidiu en que a posición do Executivo de Rueda revitimiza ás mulleres. “E faino un goberno que ten a obriga precisamente de protexer ás mulleres vítimas de violencia de xénero”, recalcou. “É gravísimo e o señor Rueda ten que dar explicacións de por que sabendo que había unha denuncia dun caso de agresión sexual mantivo este conselleiro no cargo e non o cesou”, sintetizou.
Neste sentido, cualificou de “espectáculo bochornoso” que o Goberno do PP despedira ao presunto agresor onte, día no que saíu da Xunta, “entre bicos e abrazos” que “son unha auténtica vergoña e unha humillación a todas as mulleres do País”.
A líder nacionalista recordou que, ante casos similares coñecidos recentemente no Estado, o propio presidente dos populares, Alberto Núñez Feijóo, defendía que unha persoa vinculado ao Goberno que estivera acusada dun caso de agresión sexual “tiña que significar a caída dese Goberno”.
“Aquí non se fai isto, non se asumen responsabilidades, senón que o que estamos vendo é como se utiliza a Xunta para amparar a este presunto agresor sexual o que é dunha gravidade extrema”, denunciou. Por iso, incidiu na necesidade de que Rueda compareza de maneira urxente no Parlamento para dar explicacións e para ofrecer unha desculpa ao conxunto da sociedade e, sobre todo, ás mulleres deste País.
“Ten que desculparse con todas as mulleres polo espectáculo bochornoso e humillante que estamos vendo durante estes días e dar explicacións de por que ocultou que había un conselleiro que estaba sendo investigado por unha presunta agresión sexual”, concluíu.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



