Nota de Prensa
O PPdeG impulsou no Parlamento de Galicia unha iniciativa a través da coa que se pretende que Sanidade asuma o compromiso de poñer en marcha solucións que garantan o dereito de acceso nun tempo asumible e producencia daqueles doentes que teñen pendentes citas cos médicos especialistas
OS POPULARES RECLAMAN Á XUNTA A ADOPCIÓN DAS MEDIDAS OPORTUNAS PARA EQUIPARAR, COMO MÍNIMO, O TEMPO DE DEMORA MEDIA DO HOSPITAL DA COSTA CO REXISTRADO NO RESTO DOS HOSPITAIS GALEGOS
• Ata o momento o SERGAS limítase a negar o alarmante aumento das listas de espera no centro hospitalario mariñán e, xunto co bipartito, está a opoñerse a elaborar unha auditoría que acredite a situación real do colapso do centro público mariñán.
• OS DATOS EMPEORAN: 16 das 22 consultas de especialistas no hospital da costa viron incrementada a súa lista de espera segundo os datos oficiais do último trimestre: [ Destacan os incrementos nas consultas de rehabilitación (+32 días), endocrinoloxía (+28 días), nefroloxía (+21 días), dermatoloxía (+18 días), medicina interna, oftalmoloxía (ambas +16 días), e neuroloxía (+15 días) ]
• INCLUSO SI OS COMPARAMOS CO 2005: Os datos tamén son negativos en 13 especialidades se comparamos o tempo de espera actual co respecto ao que se rexistraba no 2005: Dermatoloxía con +61 días, cardioloxía (+53 días) oftalmoloxía (+38 días), ou uroloxía (+38 días) son as que peor comportamento rexistran nos últimos anos
Os datos que poden ser consultados na páxina web do SERGAS acreditan o seguinte:
– OFTANMOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 65% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 80 días.
– Hospital da Costa: 132 días (+52 días)
– CARDIOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 42% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 62 días.
– Hospital da Costa: 88 días (+26 días)
– PSIQUIATRÍA: O tempo de espera é superior nun 76% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 29 días.
– Hospital da Costa: 51 días (+22 días)
– DERMATOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 37% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 57 días.
– Hospital da Costa: 78 días (+21 días)
– UROLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 31% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 61 días.
– Hospital da Costa: 80 días (+52 días)
– ENDICRONOLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 15% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 62 días.
– Hospital da Costa: 71 días (+9 días)
– REHABILITACIÓN: O tempo de espera é superior nun 4% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 48 días.
– Hospital da Costa: 50 días (+2 días)
– NEFROLOXÍA: O tempo de espera é superior nun 3% a demora media do conxunto dos hospitais do SERGAS.
– Media do SERGAS: 31 días.
– Hospital da Costa: 32 días (+1 días)
Enlace coa iniciativa que será obxecto de debate:
http://www.parlamentodegalicia.es/agor003/rexistro.aspx?numRexi=0728939T






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



