A institución provincial é, segundo destaca o Eixo, unha das entidades máis activas no impulso da sustentabilidade local a través dos seus numerosos programas e solucións
Lugo, 10 de xuño de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, acompañaron este martes no Pazo de San Marcos a Francesc Cárdenas, experto en sustentabilidade e autor dun informe que recolle 112 medidas para reducir a contaminación nos municipios que conforman a entidade transfronteiriza. Estratexia para a mitigación e adaptación ao cambio climático: metabolismo urbano e biodiversidade, unha folla de ruta con accións concretas para que os 40 membros da entidade sexan cidades máis sostibles e eficientes.
Tomé Roca sinalou que se trata “un dos retos máis urxentes e transcendentais do noso tempo: a loita contra o cambio climático e a transición cara un modelo de desenvolvemento máis sostible, máis xusto e máis eficiente. O plan de descarbonización dos municipios do Eixo Atlántico que se presenta hoxe aquí é un exemplo claro de cooperación, de planificación conxunta e de compromiso coa sustentabilidade desde o ámbito local”.
“Como sabedes, este Plan non é só unha proposta técnica. É unha folla de ruta completa e ambiciosa”, destacou o mandatario provincial, que explicou que o informe aborda aspectos “tan relevantes” como a eficiencia enerxética nos edificios e servizos públicos, a mobilidade urbana sostible, a produción de enerxía renovable a pequena escala, a xestión do ciclo da auga ou a implicación cidadá nas solucións climáticas. Valorou ademais “a importancia de traballos coma este, que non só nos propoñen medidas concretas senón que tamén nos permiten compartir boas prácticas, aprender uns dos outros e avanzar conxuntamente”.
Nese sentido, Cárdenas puxo como exemplo unha das medidas que levou a cabo a Deputación de Lugo, coa incorporación de 5 vehículos eléctricos á flota da institución. Explicou que o resto de entidades pode aprender de esa experiencia, vendo o aforro nas emisións e no custo económico, que acada os 22.000€ ao ano. Unha “experiencia acumulada” que pode axudar de xeito importante a conseguir os novos obxectivos.
Vázquez Mao sinalou, pola súa banda que con este estudo “o Eixo Atlántico reafirma os seu compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e o Pacto Verde”, e que “nun momento no que o quecemento global ten superado os 1,5 grados é importante actuar desde o local”.
O documento
O informe elaborado por Cárdenas propón transformar o modelo de cidade apostando por unha xestión máis eficiente dos recursos, a enerxía, a auga e os residuos. O documento centra a súa estratexia en dous conceptos: o metabolismo urbano, como as cidades consumen e xestionan os seus recursos; e a biodiversidade urbana, fundamental para mellorar a resiliencia climática e a calidade de vida.
O texto inclúe 112 accións, que van desde a redución do desperdicio alimentario ata o impulso da economía circular, a agricultura urbana, a recuperación de espazos verdes e a educación ambiental. Un traballo que forma parte dun proceso desenvolto entre 2022 e 2024. Tres anos nos que as cidades do Eixo Atlántico aportaron máis de 500 boas prácticas e experiencias que conforman un repositorio que permita reunir e poñer a disposición, de forma máis práctica e accesible, toda a información xerada durante estes tres anos de traballo, así como o contido elaborado en etapas anteriores.
A Deputación é unha das entidades máis activas no impulso da sustentabilidade local a través dos seus numerosos programas e solucións innovadoras, como a biodepuradora de humedais artificiais en Xermade –en funcionamento desde o 2021- e que permite tratar augas residuais de forma ecolóxica en zonas rurais.
O informe completo pode descargarse aquí.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



