Mira que intentamos ser respectuosos cos cualificativos que usamos, pero e que xa está ben de MENTIR e MANIPULAR!! Si o Bng pensa que mentindo e manipulando se ganan unhas eleccións… QUÉ EQUIVOCADOS ESTÁN!!
VERGOÑENTAS as declaracións dun partido que está completamente á deriva, que non sabe por onde anda e o que é peor, que cando algún membro do actual Bng gobernaba tampouco se enteraba de nada, por iso agora cacarean sen saber o que dín.
Falan de “mala xestión” deste goberno en vez de falar dos 750.000€ que deixaron pendentes e dos que este goberno se tivo que facer cargo. Non o dicimos nós, os números cantan. Se ata os técnicos municipais se sorprenden das verbas destes señores…
Cando entramos no concello o que atopamos foi un auténtico ABANDONO!!. Si, un AUTÉNTICO ABANDONO!! E non é doado nin tan rápido actualizar todo en dous anos. Houbo moito que poñer a andar. E o que queda!!Só en maquinaria houbo que investir máis de 100.000€!! No 2023 houbo que actualizar todo o atrasado. ¿Por qué non falan do que quedou pendente en talleres? Facturas do 2019 nos caixóns!! PERO QUÉ NOS DEIXARON?? ¿A QUÉN PRETENDEN ENGANAR?? Se o único que deixaron foron facturas nos caixóns e edificios completamente abandonados!! Se non hai máis que ver cómo estaba o edificio do Concello. Era un auténtico almacén!! Pois se tiñan así o lugar de traballo e no que supostamente ían todos os días, poden imaxinar os veciños cómo está o resto!! Instalacións deportivas anagadas en auga, maquinaria abandoada entre a maleza… ¿Pero a quén pretenden enganar? ¿De qué xestión presumen?? Pero si se estaban pagando seguros de maquinaria que xa estaba na chatarra!!! ¿De qué xestión presumen si nos tivemos que facer cargo de 25.000€ de alumeado navideño do ano 2022 que estaba sen pagar? Once enganches contratados de forma irregular dos que tamén nos tivemos que facer cargo!! ¿qué pasou coas facturas do combustible? Porque para chegar a cortar o subministro, a débeda debeu chegar a ser importante… Deixaron un servizo de Axuda no Fogar sen licitar e o que atopamos foron as facturas previas a esta licitación sen pagar!!!
¿De qué aforros falan? Había un remanente a costa de ter todo caendo e moito sen pagar! Iso é o que tiñan. Unha administración ten que investir nos seus veciños, non ten que ter “aforros”. Un concello ten que ter instalacións deportivas que se poidan usar sen ter que esquivar caldeiros para recoller auga cando chove, un concello ten que ter actividades para os maiores, para os máis pequenos e para a veciñanza en xeral. Un concello ten que dar servizos. Un concello non ten que aforrar para pagar campañas electorais. Ten que investir nos seus veciños!!.
Nós somos moi humildes e traballamos arreo dende que chegamos a este concello, investindo orzamento propio e chamando a outras portas cando non nos chega. Non lle pechamos a porta a ningunha administración que queira investir en Ribadeo, ben directamente co concello ou a través de entidades asociativas. Agora toda inversión é ben recibida e non vetamos a ninguén. Na época destes señores que presumen de tan boa xestión, pecháronse portas. Nin facían nin deixaban facer!! ¿Motivo? Exclusivamente intereses partidistas dos seus dirixentes!! Iso é o que lles importaba Ribadeo e a veciñanza.
Nós aceptamos leccións de todo o mundo que non somos perfectos e moito menos estamos no poder absoluto da verdade, pero leccións cargadas de MALICIA e MANIPULACIÓN co único propósito de desprestixiar, de quenes, despois de dezaseis anos, deixan todo abandoado, pois como que non!!
Falan de “despilfarro” deste goberno. Invitámolos a que comparen as dietas cobradas no anterior mandato e no actual. Se tivesen unha miguiña de vergoña, quedarían abraiados . Seguramente xa lles queda pouca …
En fin, nós ó noso, traballando por e para Ribadeo e defendendo sempre os intereses dos nosos veciños



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



