Valioso punto en Navarra, tras unha traballada remontada (4-4)
O Burela FS conseguiu onte un valioso punto ante OPDE Ribera Navarra, tras unha traballada remontada. Co 4-4, o cadro mariñán convértese no primeiro conxunto da tempada en saír con recompensa da pista do segundo clasificado.
Saíron os rapaces de Suso Rey moi enchufados, pero o Ribera soubo conter a fortísima presión nunha sólida defensa avanzada. Tras un par de oportunidades distanciadas dos laranxas, os locais responderon nun contragolpe para subir o 1-0, de Albert (minuto 9). Os erros defensivos condenaron de novo o Burela FS, 2-0 de Thiago (12), que chegou só á portería de Edu, e 3-0 noutro lanzamento do mesmo Thiago(15) que a defensa burelista meteu en propia porta.
Co reinicio, apareceu un encontro ben diferente e un Burela FS máis medido e efectivo. O cadro laranxa fixo desaparecer a confusión que impuxeran os navarros vivindo dos contraataques. Juanma puxo a serenidade que precisaban as filas burelistas recortando as distancias (minuto 26) e facendo estourar de xúbilo o máis de medio cento de afeccionados laranxas que apoiaban os mariñáns. Víctor Cachón, na súa reaparición tras unha lesión de dous meses, puxo o 3-2 (29) aproveitando de tacón un lanzamento exterior de Esteller.
As cinco faltas burelistas déronlle unha nova vantaxe ao Ribera, materializada por Passarinho nun dobre penalti (30), pero os laranxas volveron demostrar a súa temperanza sen cesar na loita; dous goles de Purao (33), a punto de entrar na meta de Abel co balón, e Adri Gaona (38), xa con porteiro-xogador, igualaron o electrónico. Nun último minuto de vertixe, con xogo de cinco por ambas as dúas partes, os mariñáns aínda dispuxeron de ocasións.
Ficha
Partido pertencente á 14ª xornada da tempada 2010/2011.
Ríos Renovables Ribera Navarra
10 Vitorias | 1 Empates | 2 Derrotas
Puntos acumulados: 31 4
CD Burela FS
7 Vitorias | 4 Empates | 2 Derrotas
Puntos acumulados: 25 4
Cancha de xogo: Polideportivo Elola
Data: Sábado, 20 de Noviembre de 2010
Hora de inicio: 18.30 horas
Alineacións
Ríos Renovables Ribera Navarra
1
Abel Budría Martínez
Abel
8
Andrés Alcántara Prieto
Andresito
9
Thiago Marques Alcantara
Thiago
11
Javier Lescún Casado
Lescún
14
Jonathan Cámara Revuelta
Jonathan Cámara
5
Albert Cárdenas Alamillos
Albert
6
Fabricio Borges Dos Santos
Fabricio
7
Luis Martínez Somalo
Luisma
10
Carlos Eduardo de Oliveira Silva
Passarinho
CD Burela FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
8
Juan Manuel Marrube Rodríguez
Juanma
21
Adriá Esteller Cortina
Adriá Esteller
6
Víctor Cachón Suazo
Víctor
7
David Richarte León
Paleta
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
14
Adrián Gaona Martín
Adri
O partido minuto a minuto
Gol 1 – 0 Min. 9 | Albert
Gol 2 – 0 Min. 12 | Thiago
Gol 3 – 0 Min. 15 | Thiago
p.p.
Gol 3 – 1 Min. 26 | Juanma
Tarxeta amarela Min. 27 | Passarinho
Gol 3 – 2 Min. 29 | Víctor
Tarxeta amarela Min. 29 | Purao
Gol 4 – 2 Min. 30 | Passarinho
d.p.
Gol 4 – 3 Min. 33 | Purao
Gol 4 – 4 Min. 38 | Adri
Tarxeta vermella Min. 40 | Passarinho
Tarxeta amarela Min. 40 | Passarinho





















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
