Para nenos e nenas de entre 9 e 17 anos. Terán lugar nos meses de xullo e agosto, en horario de mañá
Viveiro, 13 de xuño de 2025. O Concello de Viveiro colabora coa Fundación Cibervoluntarios na organización dos Campamentos Dixitais de verán para nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, unha actividade completamente gratuíta enmarcada no Programa CODI – Competencias Dixitais para a Infancia.
Os campamentos desenvolveranse en varias edicións semanais durante os meses de xullo e agosto, en horario de mañá, e teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da mocidade, ofrecendo un achegamento creativo, seguro e saudable á tecnoloxía.
As familias interesadas poden realizar a inscrición a través da web oficial: https://campamentodigital.org/#apunta-gratis
Desde o Concello de Viveiro animamos ás familias a participar nesta iniciativa e lembramos que poden solicitar máis información a través da OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).