Mondoñedo, 17 de xuño, 2025. Este xoves día 19 ás 12:00h preséntase na Casa Museo Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo o libro Álvaro Cunqueiro. Obra escolleita, unha antoloxía de textos do escritor traducida ao nipón polo profesor Takekazu Asaka. O acto, que contará coa prese.nza do autor, o alcalde de Mondoñedo Manuel Otero Legide, o fillo do escritor César Cunqueiro e mais o director de Publicacións e Actividades da CMAC Armando Requeixo, está organizado polo Concello e a CMAC.
Takekazu Asaka (Tokio, 1952), catedrático emérito de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku e académico de honra da Real Academia Galega, acode a Mondoñedo para presentar Álvaro Cunqueiro. Obra escolleita, unha antoloxía bilingüe galego-xaponesa que constitúe a primeira tradución directa dende a nosa lingua á nipoa da escrita do mindoniense.
A escolma recolle textos poéticos, narrativos e ensaísticos de Cunqueiro. En concreto, dous poemas, un fragmento do Merlín e familia e outro de A cociña galega, e conta cun prólogo de Armando Requeixo e unha ilustración de cuberta do recentemente falecido Xosé Vizoso, ambos os dous mindonienses tamén.
Con esta tradución o profesor Asaka confírmase como o mellor embaixador da cultura galega no Xapón e o máis destacado tradutor da nosa escrita ao idioma do País do Sol Nacente, ao que xa ten vertido dende os trobadores medievais ata Uxío Novoneyra, pasando por Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas e, agora, Álvaro Cunqueiro.
O acto de presentación será de entrada libre.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



