A Xunta de Goberno vén de licitar novos proxectos para rehabilitar a LU-P-6102 entre A Pontenova e Trabada; a LU-P-6401 e a LU-P-6402 no Vicedo; a LU-P-2806 entre Lourenzá e Mondoñedo; e dúas estradas municipais en Negueira de Muñiz
Lugo, 20 de xuño de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novos investimentos en mobilidade por un importe de preto de 3M€. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión. “Seguimos dando pasos cada semana, traballando con axilidade e eficiencia, en liña co noso compromiso para sacar adiante proxectos de mellora das estradas da nosa provincia”, valorou.
Gracía Porto explicou que entre A Pontenova e Trabada a institución provincial licitou por 195.970,09€ a mellora dun tramo de 4 quilómetros da LU-P-6102, que é a vía que conecta Pontepedrido e Trabada pola parroquia de Vilaformán. As obras que se van realizar nos primeiros catro quilómetros consistirán na reapertura de cunetas, a repavimentación e o pintado da vía. E o prazo de execución dos traballos será de 3 meses unha vez iniciados.
No Vicedo a Deputación licitou, cun investimento de 328.213,42€, a mellora de dous tramos de dúas estradas provinciais: A LU-P-6401, de Suegos a Folcoeira no límite provincial; e a LU-P-6402, que conecta O Vicedo con Cristo de Portapena. Ademais, con esta actuación tamén acondicionará un ramal de algo máis de quilómetro e medio que conecta ambas estradas á altura de Negradas.
As obras consistirán neste caso na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización. E o prazo de execución tamén será de 3 meses.
Entre Lourenzá e Mondoñedo a Deputación aprobou investir 204.799,71€ na rehabilitación dun treito de 3,7 quilómetros da LU-P-2806, a estrada que vai desde Cazolga ata a parroquia mindoniense de Oirán. Os traballos, que se realizarán ao inicio da vía, contan cun prazo de execución de tres meses e consistirán na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización horizontal mediante marcas reflexivas brancas.
No que ten que ver con proxectos relacionados coa mobilidade, a Deputación licitou tamén o arranxo de dúas vías municipais en Negueira de Muñiz a través dun acordo de colaboración co Concello dotado cun orzamento conxunto de case 290.000€. A mellora afectará dunha banda á estrada que une Negueira con Seira e, doutra, á que vai de Carballín a Bustelo.
As obras en ambos casos consistirán na reapertura de cunetas e pavimentación con aglomerado en quente. Estas actuacións terán cun prazo de execución de 2 meses.
Convenio con Xove para a cesión de 10 vías provinciais
Ademais, a Xunta de Goberno deu tamén luz verde a un convenio de colaboración co Concello de Xove por 1.636.807,30€, dividido en catro anulidades, para arranxar e ceder as 10 vías de titularidade provincial ao seu paso por este concello. “Como fixemos onte no Concello de Palas de Rei, onde firmamos a cesión dun tramo urbán da LU-P-2901, hoxe atendemos á petición deste Concello mariñán”, valoraba García Porto. Ademais do cambio de titularidade, a Deputación de Lugo acometerá as seguintes melloras:
A segunda fase do acondicionamento da estrada LU-P-2601, que é a vía que une a autonómica LU-862 con Portiño de Moras, nun treito de algo máis de 2 quilómetros -do 2,850 ao 5,524- quedando así arranxada a totalidade da estrada.
A rehabilitación do firme do trazado completo da LU-P-2604 que vai da autonómica LU-862 ata Valcarria por Monte.
Mellora do firme da LU-P-2605 completa, entre A Tronca e Tarolo por Vila.
E o arranxo dun treito da LU-P-6606 que une Augadoce con Fontao por Faro de máis de dous quilómetros, do 2,222 ao 4,629.
Tras realizar estas obras e unha vez se aprobe na sesión plenaria a Deputación cederá ao Concello de Xove estas vías xunto á LU-P-2602 desde Porto de Moras a Beltrán; a LU-P-2603 desde a autonómica LU-862 ata a LU-P-2061 por Chao de Aldea; LU-P-2606 desde Xove ata a Rocha; LU-P-2607 que vai desde Cruceiro ata Portecelo; LU-P-2609 desde Sumoas ata Toimil; LU-P-2610 que une Vara coa Área pola praia de Esteiro.
Adxudicadas as obras da LU-P-1005 en Carballedo
Adxudicadas ademais, por un importe de 149.046,57€ á empresa Obras e Saneamentos Galicia SL as obras de mellora da estrada LU-P-1005, no concello de Carballedo. Os traballos afectarán á totalidade da vía, desde o seu inicio ata o punto quilométrico 5,693, conectando ás parroquias de Cartelos e Furco, desde o lugar de Trasar ata Rañadoiro, no límite coa provincia de Ourense. O proxecto tamén inclúe o acondicionamento de preto de 500 metros do ramal que une esta estrada con Trasar de Sabugueiro, en Buciños. E os traballos consistirán na reapertura de cunetas, arranxo de afundimentos e repavimentación do firme. O prazo de execución dos traballos será de 3 meses unha vez iniciados.
Colaboración para a posta en marcha dun supermercado en Pol
Este venres, a Xunta de Goberno aprobou tamén un convenio de colaboración coa Fundación Terras de Pol dotado con 200.000€ para a posta en marcha dun supermercado neste municipio. O único que había na localidade, explicou García Porto, pechou pola xubilación dos seus propietarios e “grazas a esta achega facemos posible que os veciños e veciñas do concello conten novamente cun servizo básico e esencial coma este sen necesidade de desprazarse a outros concellos para mercar”.
O convenio servirá para adquirir o equipamento necesario para poñer en marcha este establecemento: cámaras de frío, conxeladores, estantes, mesas e caixas de cobro, seguridade e control ou portas e persianas automatizadas. Pero ademais o acordo tamén inclúe os gastos de salario e seguridade social do persoal durante un ano.
Impulsa TIC
Ademais, a Deputación adxudicou a ampliación do proxecto Impulsa TIC, o programa que puxo en marcha a institución provincial a finais do ano 2023 para a transformación dixital e a modernización das administracións locais da nosa provincia. MICROMEDIA S.L resultou adxudicataria das dúas actuacións desta nova liña á que solicitaron incorporarse 31 concellos da provincia.
Dunha banda, por 118.843,67€ encargarase da renovación dos servidores municipais. A duración do contrato será de dous meses e o prazo de garantía de 4 anos. O obxectivo é ampliar as capacidades e os recursos tecnolóxicos dos servidores municipais actuais. No contrato inclúese non só o subministro, senón tamén a instalación e configuración en cada un dos concellos.
Doutra, con 115.633,95€, implantará sistemas de protección e copias de seguridade que preveña accesos indebidos aos principais servidores e que tamén conteñan proteccións ante cortes de subministro eléctrico, co fin de aumentar a seguridade dos servizos municipais. A duración será tamén de 2 meses.























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



