A cita está aberta á participación de todos os mozos e mozas interesados en formar parte activa da vida política e social de Vilalba
Vilalba, 21 de xuño de 2025. O vindeiro venres 27 de xuño, ás 20.00 horas no Restaurante Montero, Novas Xeracións do Partido Popular de Vilalba celebrará o seu Congreso Local, un encontro clave para o futuro da organización xuvenil no municipio e na comarca da Terra Chá.
Durante o cónclave renovarase a dirección local e elixirase unha nova presidencia. A candidata proclamada é Celine Fernández, de 25 anos, que aspirar a liderar esta nova etapa co obxectivo de seguir medrando como colectivo, compartir ideas e construír un proxecto político sólido da man da mocidade.
A cita está aberta á participación de todos os mozos e mozas interesados en formar parte activa da vida política e social de Vilalba. Novas Xeracións aposta por fortalecer o seu papel como espazo de encontro e acción para a mocidade que quere un futuro mellor para o seu concello e para a provincia de Lugo.
Desde a organización provincial destacan que este é o segundo congreso local que se celebra desde a renovación da estrutura provincial en setembro de 2024. Ao longo do verán, Novas Xeracións continuará desenvolvendo reunións, actividades e novos congresos por toda a provincia, consolidando así a súa implantación territorial.
O presidente provincial de NNXX, Miguel Gallego, salienta que “a nosa prioridade é seguir traballando para reforzar as agrupacións locais, achegar o Partido Popular á mocidade e facerlles ver a importancia de implicarse nun momento clave para decidir o futuro de España”.
Desde a organización xuvenil subliñan que a mocidade ten un papel fundamental na construción dun futuro con máis oportunidades, dinamismo e progreso, tanto en Vilalba como no conxunto da provincia de Lugo.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



