Nota de prensa
Medio cento de persoas visitan por 1ª vez con Km0 a fortaleza de Pardo de Cela, en Alfoz
Unhas 300 persoas redescubrirán a Mariña e a Ribeira Sacra con este programa co que a Deputación converteu ó medio ambiente nunha oportunidade económica
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a medio cento de solicitantes individuais, que visitaron por primeira vez a fortaleza de Pardo de Cela con Km0, e a outro do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade de Sarria. En total, 297 persoas redescubrirán esta semana a Mariña e a Ribeira Sacra con este programa co que a Deputación demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica da provincia e co que contribúe a manter uns 3.000 postos de traballo na provincia.
No caso dos solicitantes individuais, logo de coñecer o Mazo de Santa Comba, viaxaron ata municipio de Alfoz, situado en plena comarca da Mariña Central, para visitar a fortaleza do século XV que pertenceu ó Mariscal en tempos dos Reis Católicos. Asimesmo, tamén percorreron as localidades do Cadramón e do Pereiro, ademais da Finca Galea; unha auténtica paraxe natural na que se poden atopar castiñeiros e outras especies arbóreas con máis de 3.000 anos de antigüidade.
Pola súa banda, o grupo de Sarria visitaron as instalacións do Centro de Produción de Programas da Fundación TIC e o Concello de Viveiro. No municipio mariñano, estiveron na igrexa de Santa María do Campo, nos restos da Muralla romana e na Porta de Carlos V. Tamén subiron ó Monte de San Roque e visitaron a praia da Cova e a cerámica Regal.
O mércores, integrantes das Asociacións de Veciños de Tirimol (Lugo) e de Proendos (Sober) tamén optarán pola Mariña como destino das súas rutas. No caso do primeiro grupo, Cervo será o municipio elexido. Coñecerán a cerámica de Sargadelos e os Paseo dos Namorados. Asimesmo, os de Sober viaxarán ata Mondoñedo, onde percorrerán o barrio dos Muíños, o Museo Diocesano e a confitería Alianza.
Finalmente, o xoves, membros da Asociación de Sanxurxo de Cospeito optarán pola ruta “Augas Santas”, en plena Ribeira Sacra, que inclúe unha visita ó balneario, ó pazo de Goián e ó mosteiro de Ferreira de Pantón, ademais dunha cata de augas mediciñais. Ese mesmo día, a Asociación Cultural Deportiva “Castelo Rato” decantarase por Ribadeo. Neste Concello, visitarán o Centro de Cultivos Mariños, o casco histórico e farán unha travesía marítima pola ría.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



