Pide un comité de crise para analizar que está fallando coa protección das mulleres que denuncian e tomar medidas extraordinarias
Santiago de Compostela, 25 xuño 2025. A portavoz nacional, Ana Pontón, criticou ao titular da Xunta, Alfonso Rueda, a súa inacción ante a “escalada” de violencia machista en Galiza, unha ausencia total de medidas ante unha “situación gravísima” que contrastou coa “dilixencia” coa que encubriu ao exconselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Pontón recordou na sesión de control os recentes casos de violencia machista en Galiza, con tres mulleres asasinadas en apenas dous meses e varios intentos de asasinato máis, un balance que cualificou de “aterrador”.
“O 15 de xuño, Maritza foi asasinada a coiteladas na Coruña; pouco antes Josefa foi asasinada pola súa parella a coiteladas no concello do Bolo e Marisol foi calcinada nun coche en Campo Lameiro, asasinada tamén polo seu home”, enumerou.
Sobre este último caso, criticou que o goberno do PP de Moraña decretase tres días de loito tanto para a vítima como para o seu verdugo, nunha “equiparación inmoral” que contou co silencio dun Rueda que “cala e mira para outro lado”. “Pero que lle pasa? É que non lle queda un pouco de decencia nin de humanidade?”, recriminou ao presidente do Executivo.
A portavoz nacional lembrou tamén os intentos de asasinato en Verín, onde “Soraya foi tiroteada polo seu exmarido”, e no Barco de Valdeorras, onde “Angie caeu desde un cuarto piso tras ser agredida pola súa parella na súa casa”.
“Non podemos normalizar, como fai o Goberno do Partido Popular, que en apenas dous meses haxa estes intentos de asasinato e tres mulleres asasinadas porque non é normal, é aterrador”, advertiu, para engadir que aínda o resulta máis dada “a pasividade” da Xunta, que rexeitou a convocatoria dun comité de crise como propuxo o BNG e que non tomou nin unha soa medida extraordinaria.
Unha falta de actuación que contrastou coa “dilixencia” coa que Rueda encubriu ao exconselleiro do Mar, denunciado por agresión sexual. “O seu amigo, un presunto agresor sexual ao que mantivo durante meses no goberno até despedilo entre aplausos, abrazos e eloxios”, recordou Pontón, quen tamén reprochou a Rueda que aínda non pronunciase “nin unha palabra de respecto ou empatía coa vítima.
“Ao contrario, onte mesmo vostede votou en contra de mostrar solidariedade coa vítima e sigue cuestionando a veracidade da denuncia, ao máis puro estilo negacionista da extrema dereita”, denunciou.
A portavoz nacional ve nesta actitude a confirmación de que o Goberno do PP “está máis cerca do discurso negacionista da extrema dereita machista que da defensa das mulleres ante a violencia de xénero”.
“A conclusión é evidente, a día de hoxe o seu goberno non garante nin a protección nin a defensa das mulleres fronte á violencia machista; a día de hoxe, o único que demostra é que cando ten que elixir entre un amigo presunto agresor sexual ou a vítima, vostede elixe ao presunto agresor”, afeou ao titular do Executivo.
Pontón pediu a Rueda que pida desculpas, rectifique e convoque o comité de crise, coa participación de todas as Administracións, con dous obxectivos concretos: o primeiro, revisar que está fallando na protección das mulleres que denuncian violencia machista e, o segundo, tomar medidas extraordinarias, máis tendo en conta a chegada dos meses de verán, época do ano que as e os expertos sinalan como “críticos”.
A líder nacionalista reprochou ao presidente da Xunta que non anunciase na súa réplica nin unha soa medida e mesmo presumise de estar facéndoo todo ben neste ámbito de actuación, cando Galiza foi a segunda do Estado coa taxa máis alta de violencia machista en 2024, case duplicando a media estatal.
“Tres asasinatos nos últimos dous meses, dous deles en quince días; se fosen futbolistas na vez de mulleres, non solicitarían un comité de crise?”, cuestionou, para, dados os comentarios procedentes da bancada dos populares, afirmar a continuación que “o negacionismo da extrema dereita está nas filas do Partido Popular”.
A portavoz do BNG considerou “unha indecencia” a resposta de Rueda ante un tema tan grave. “Vimos aquí a falar de que en 15 días asasinaron en Galiza a dúas mulleres por violencia machista e a súa resposta é dicirme que son unha frustrada, que son unha covarde e que bramo; eu o único que lle digo é que a súa resposta é unha indecencia, non contra min, senón contra as mulleres que sofren violencia machista”, recriminoulle.
De igual xeito, reprochou ao titular do Executivo que incorporase a corrupción na súa resposta, pretendendo por riba dar leccións ao BNG de loita contra a corrupción cando “o Partido Popular é o único partido durante a democracia e o único en Europa condenado por corrupción”. “Hai que ter cara de cemento armado”, afirmou, para aclarar en todo caso a Rueda que o Bloque mostrou a súa repugnancia en canto se coñeceron os datos do informe da UCO.
“En canto os coñecemos dixemos que era repugnante, xusto o contrario de vostede, que estivo durante meses encubrindo a un conselleiro e amigo que tiña unha denuncia por agresión sexual, tamén niso somos diferentes”, afondou. En todo caso, Pontón advertiu ao presidente que non lle ía permitir que non se falase de violencia de xénero nesta sesión de control. “Estamos falando de violencia machista e a súa frivolidade paréceme gravísima, un síntoma de que, como denunciamos, vostedes normalizan a situación de violencia machista”, concluíu.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



