Néstor Rego exixe ao Ministerio aclarar os cambios e modificacións realizadas nas conexións e demanda recuperar e ampliar os servizos
Madrid, 27 de xuño de 2025. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas en relación a supresión de conexións e redución de servizos ferroviarios na liña de ancho métrico -antiga FEVE- que conecta Ferrol con Ribadeo e Asturias, pasando pola Mariña lucense. A formación nacionalista exixe, co obxectivo de mellorar a cohesión e a vertebración da Galiza, mellorar os servizos ferroviarios, a modernización da liña e o desenvolvemento dun mapa ferroviario que permita conectar as principais vilas neste traxecto.
A liña de ancho métrico, antiga FEVE entre Ferrol e Ribadeo, arrastra anos de falta de investimento, derivando no desmantelamento paulatino dos servizos que a liña presta. A pesar da súa potencialidade, tanto no plano da cohesión e vertebración da Galiza como para a conexión con Asturias e o norte do Estado, os sucesivos executivos españois apenas destinaron recursos para o mantemento da liña.
“Esta infraestrutura está obsoleta e precisa dunha modernización, dun parque móbil moderno e de servizos ferroviarios adaptados ás necesidades das persoas usuarias. Precisa, en definitiva, dun plan integral que permita convertela nunha conexión útil e eficaz para a mobilidade” defende o deputado do BNG no Congreso.
Imposibilidade de mercar billetes para conexións intermedias
Agora, as persoas usuarias que intentan mercar billetes entre as distintas vilas da liña de ancho métrico na páxina de Renfe encontran unha mensaxe de que os servizos non existen ou, cando menos, non é posíbel adquirilos a través da web. A única opción dispoñíbel, explica Rego, é o traxecto desde Ortigueira até Ferrol, denominado liña C1 de cercanías. O servizo cambia a súa denominación nas conexións entre Ferrol e a Mariña, e están dispoñíbeis só tres frecuencias diarias entre Ferrol e Ribadeo. Porén, compróbase que resulta imposíbel adquirir billete até Xixón con saída en ningunha das vilas galegas. Non existe, por tanto, a posibilidade de mercar billetes para unha viaxe entre Ferrol e Xixón, entre Ortigueira e Xixón ou entre Ribadeo e Xixón.
“Esta situación está a causar sorpresa e un grande malestar entre as persoas usuarias que utilizaban este servizo de forma habitual e que agora non poden mercar os seus billetes. O Ministerio debe aclarar e informar dos cambios realizados e, de confirmarse que se realizou unha nova redución nos servizos e conexións ferroviarias da liña do antigo FEVE debe rectificar” subliña Rego.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



