Trabada, 7 de xullo de 2025. O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun novo circuíto pump track no complexo deportivo municipal, unha actuación que permitirá ampliar a oferta de lecer e deporte para a mocidade e a veciñanza en xeral.
Este proxecto execútase grazas a un convenio de colaboración coa Deputación de Lugo, cun investimento total que supera os 50.000 euros.
O novo pump track —un espazo especialmente deseñado para a práctica de bicicletas, patíns, monopatíns e outros vehículos sen motor— suporá un novo atractivo dentro do complexo, ofrecendo unha infraestrutura adaptada a diferentes idades e niveis de experiencia.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “continuamos ampliando a oferta deportiva neste espazo que se converteu nun punto de encontro clave para o deporte e o lecer no noso concello. No complexo deportivo de Trabada xa se construíron unha pista de pádel, unha pista multideporte, un campo de bolos tradicionais, unha tirolina infantil e, recentemente, instalouse tamén un novo tobogán para os nenos e nenas. Este novo pump track vén completar esa aposta pola actividade ao aire libre, accesible e para todas as idades”.
Desde o Concello de Trabada destácase que o obxectivo principal é continuar creando espazos seguros, activos e integradores que contribúan á saúde, á socialización e ao desenvolvemento do rural a través dunha rede de instalacións públicas modernas e de calidade.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



