O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a un grupo de rapaces e rapazas participantes na primeira quenda do campamento de multiaventura que se desenvolve nos Chacotes, en Palas de Rei
Palas de Rei, 9 de xullo de 2025. A Xunta ofrece este ano en Lugo case 2.500 prazas dentro da campaña Modo Verán Activo, que inclúe campamentos, minicampamentos, campos de voluntariado e outras actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo dirixidas á mocidade.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe unha destas propostas en Palas de Rei, onde se está a desenvolver o campamento xuvenil de multiaventura Os Chacotes, que acollerá entre xullo e agosto catro quendas para rapaces e rapazas nacidos entre os anos 2007 e 2012.
A programación inclúe actividades como caiac, btt, escalada en rocódromo, tiro con arco, láser tag, tríatlon, técnica de vivac ou piscina, ademais de rutas e visitas culturais pola zona.
Arias destacou que a modalidade de campamentos é a máis demandada polas familias e a que oferta un maior número de prazas. A provincia de Lugo acolle 31 quendas en sete instalacións. Ademais dos Chacotes, están en marcha outras experiencias nos albergues xuvenís de Area (Viveiro), Benigno Quiroga (Portomarín), A Devesa (Ribadeo), Lug II (Lugo), o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá e o municipio de Carballedo.
As temáticas son variadas e abranguen actividades mariñas e náuticas, multiaventura, deporte, música, novas tecnoloxías e actividades ligadas ao territorio e o medio ambiente – como horta e recolección ou observación de animais de alta montaña nos Ancares -, entre outras.
Ademais de facilitar a conciliación familiar durante o verán, Arias salientou que todas estas experiencias “serven para que os rapaces e rapazas desfruten dun lecer saudable, aprendan a convivir e adquiran novos coñecementos nun ambiente de ocio”.




















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



