Ambas actuacións forman parte dun proxecto máis amplo no que se inclúe o acondicionamento e a mellora de 7 estradas provinciais que vertebran este municipio mariñán e no que a Deputación de Lugo investiu un total de 390.000€
Lugo, 10 de xullo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Foz e Deputado Provincial, Francisco Cajoto Caserío, veñen de supervisar, xunto a membros da corporación municipal, os traballos de acondicionamento e mellora que acometeu recentemente a institución provincial na estrada LU-P-2009, que une Peirao de Foz con Marzán por Bispo Santo, na rúa Corporacións, e na LU-P-6303, que conecta Campón con Cordido por Güin. Estas actuacións forman parte dun proxecto máis amplo no que a Deputación investiu un total de 390.000€ para acometer melloras nestas vías e noutras 5 estradas máis que vertebran este municipio mariñán.
Os traballos que se realizaron na LU-P-2009 afectaron á totalidade da vía e consistiron no fresado do firme, na reapertura de cunetas, na pavimentación con aglomerado en quente e na renovación das marcas viarias reflexivas, as bandas de aparcadoiro e os pasos de peóns. Ademais, e tendo en conta que esta estrada está situada na contorna do campo de fútbol Martínez Otero, tamén se instalaron separadores de gota para reforzar a seguridade peonil nesta zona, moi frecuentada polos veciños e veciñas do municipio.
En canto á LU-P-6303 as obras acometéronse no treito que vai do punto quilométrico 2,630 ao 4,741 e consistiron na reapertura de cunetas coa eliminación da vexetación e os soterramentos; a pavimentación do firme con aglomerado en quente e a sinalización vertical e sinalización horizontal mediante o repintado da vía con marcas reflexivas brancas.
O mandatario provincial enmarcou estas actuacións no “firme compromiso que mantemos coa mellora da rede provincial, a máis extensa de España con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude”. Incidiu tamén en que “este proxecto está dentro do Plan de Mellora de Estradas que temos en marcha desde a Deputación de Lugo co que acometeremos obras en 400 quilómetros de vías provinciais, cun investimento total que supera os 15 millóns de euros”. Neste sentido destacou José Tomé que “xa están en proceso de contratación preto do 90% dos 80 proxectos iniciais”.
Pola súa banda, Francisco Cajoto agradeceu o apoio da institución provincial e destacou que se trata dun importante proxecto para o municipio de Foz “xa que son estradas que contan con gran afluencia de tráfico sobre todo nesta época do ano, pois conectan as zonas de interior coa costa e as praias”.
390.000€ para a mellora de 7 estradas
A maiores destas dúas actuacións, neste paquete tamén se incluíron melloras para outras 5 vías ao seu paso polo concello de Foz:
– Na LU-P-2001, a vía que conecta a estrada autonómica LU-152 e a Nacional 642, a Deputación mellorou os primeiros 6 quilómetros mediante a reapertura de cunetas, a pavimentación do firme con aglomerado en quente e a reposición da sinalización.
– Na LU-P-2013, que une o colexio de Nois coa Praia de Arealonga, reparouse o pavimento e mellorouse a seguridade na zona escolar co reforzo da sinalización.
– Na LU-P-2006, que vai desde A Cruz coa Praia de Llas, acondicionouse o pavimento e a sinalización no tramo que vai do punto quilométrico 0,949 ao 2,405.
– Na LU-P-2011, a estrada que comunica Marzán coa Praia de Llas, a Deputación arranxou os primeiros 700 metros da vía coa pavimentación e a sinalización.
– E na LU-P-3101, que vai de Areas á LU-152 por Oirán, realizáronse melloras na drenaxe no treito que vai do punto quilométrico 8,717 ao 13,024.




















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



