Burela, 11 de xullo, 2025. O peche Isma non continuará o seu camiño no Burela FS despois de catro tempadas na que soubo gañarse o agarimo e o respecto de toda a Familia Laranxa. O futbolista fonsagradino abandona a entidade mariñá portando o brazalete de capitán nesta última campaña na máxima categoría e desde o club só podemos agradecerlle enormemente o traballo e o esforzo que realizou durante estes catro anos, pero, sobre todo, o compromiso que demostrou en todo momento, tanto nos momentos de alegría como neste último curso máis complicado a nivel institucional, xa que Isma sempre puxo ao Burela FS por diante de todo. Vaise un gran futbolista, pero por encima de todo faino unha grandísima persoa. Así mesmo, desde o club desexámoslle toda a sorte e moitos éxitos nos proxectos que emprenda a nivel deportivo e persoal no futuro. Burela e o Burela FS sempre serán a súa casa.
Isma Samartino Obarro (A Fonsagrada, 1991) arribou a Burela desde O Parrulo no verán de 2021 como primeira incorporación para o equipo que dirixiu Alberto Riquer en Primeira División. Isma xa deixou na súa estrea como laranxa mostras da súa calidade e versatilidade na máxima categoría, xa que chegou como peche e tamén xogou como á e este último curso mesmo o fixo como pívot nalgunhas ocasións. Despois dunha tempada dura, que terminou nun descenso moi temperán e na que xa foi un xogador fundamental, Isma gañou aínda moitos máis galóns en Segunda División, xa con David Rial á fronte do barco burelista. Logo de rozar o ascenso a Primeira de novo na 22/23, o premio chegáballe un ano máis tarde co ascenso no play off e a volta á elite do conxunto laranxa. Nesta campaña recentemente finalizada Isma volveu demostrar a súa contundencia e carácter dentro da pista, que conleva sempre un gran traballo a nivel defensivo, ademais de non estar exento de calidade co balón dos pés á hora de ver o xogo e trazar grandes asistencias aos seus compañeiros ou de encarar o marco contrario. Terminou a tempada con 6 goles.
Isma tamén deixou unha emotiva despedida para a Familia Laranxa: “Veño anunciarvos que tristemente os nosos camiños vanse separar. Voume triste porque sinto que o club non queda no lugar que merece, que non é outro que a Primera División, pero tamén sinto que me podo ir tranquilo porque sempre intentei dar o mellor de min e baleireime para que todo fora o mellor posible. É inevitable que sinta que quedo en débeda con todos vós porque todo o cariño e respecto que me demostrastes durante estes catro anos creo que é impagable. Para min Burela, o club, e Burela, o pobo, marcan moito a miña vida e sen dúbida marcho como xogador, pero quedo como afeccionado e volverémonos ver nas bancadas de Vista Alegre seguro, porque aínda que agora todo pinte un pouco escuro, estou seguro de que pronto sairá o sol e con esta xente que queda, que coñezo moi ben, as cousas volverán a bo rumbo e estou convencido de que pronto se volverá desfrutar e olvidar esta época un pouco convulsa. Moitas grazas de corazón a todos”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


