Ribadeo, 16 de xullo, 2025. O BNG de Ribadeo asegura que “o alcalde embarra o ambiente nos plenos para acalar as nosas propostas construtivas”. Nun pleno máis, “Daniel Vega non se aguantou sen xerar polémica e lanzar insidias contra a oposición. Cada vez que facemos unha proposta positiva, ou denunciamos situacións como os verquidos incontrolados (tal e como pasa na praia de Illas estes días), o alcalde de Ribadeo lánzase en tromba e solta mil e unha mentiras pola súa boca. Imaxínase insultos e inventa situacións nas que se pon como vítima”.
“Pero as verdadeiras vítimas somos nós e, por extensión, toda a veciñanza. No pleno deste martes 15 de xullo, de novo Daniel Vega volveu abusar do procedemento de urxencia. Como é posible que, se o martes 8 se comentou na Comisión Informativa que podían aparecer novos temas que tratar no pleno do día 15, non nos chegara a documentación necesaria para estudalos? Os concelleiros e a concelleira do BNG non podemos votar sobre facturas pendentes de pago sen antes poder consultalas. Xa comentamos no Parladoiro o exceso que houbo con gastos superfluos. Non estamos dispostos a votar a cegas”.
“Pero o colmo xa se produciu coa actitude do alcalde ante a proposta de creación dunha sala de estudo na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. No canto de buscar un punto de encontro e facer algo positivo, comezou a faltar ao respecto ao noso voceiro facendo falsas acusacións. Ao longo de todo o pleno o BNG adoptou unha actitude construtiva. Pero Daniel Vega non foi quen de evitar abrir o melón da polémica e dedicouse a increpar con actitude prepotente”.
“Con todo, e tras soportar dita prepotencia por parte do alcalde, logramos chegar a un acordo coa concelleira delegada de Cultura e a proposta saíu adiante de forma consensuada”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



