Trabada, 24 de xullo de 2025. O Concello de Trabada colabora un ano máis coa organización das Festas de Santiago e Santa Ana na parroquia de Santiago de Abres, unha celebración singular que une a veciñanza da parte galega e asturiana nun ambiente de convivencia, tradición e música.
As festas deron comezo este sábado co Campionato de Balinera con carabina, organizado no Campo da Festa. A continuación, celebrouse unha gran churrascada popular, amenizada polo DJ Marcos, que reuniu a centos de persoas nunha noite de festa e gastronomía.
A programación continuará o xoves 25 de xullo, Día de Galicia, cunha misa solemne ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú co Dúo Belinda, e pola noite, unha gran verbena coa actuación das orquestras Suavecito e Costa Dorada.
O sábado 26 de xullo terá lugar outra xornada de celebración con misa, sesión vermú coa música de DJ Pedro Brmudz, e para rematar, unha verbena con El Combo Dominicano, a discoteca móbil Mandala Macroshow e unha nova sesión de DJ.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “esta festa é un exemplo do espírito de unión e colaboración entre veciños de Galicia e Asturias. A parroquia de Santiago de Abres simboliza esa irmandade entre territorios que comparten historia, cultura e vínculos familiares”.
García tamén subliñou a importancia de apoiar o tecido social do municipio: “Desde o Concello de Trabada seguimos colaborando con todas as asociacións, clubs e comisións de festas do municipio. Cremos que é fundamental que as organizacións locais sintan o apoio institucional sempre que poñan en marcha eventos que dinamizan a vida das nosas parroquias”.
O Concello de Trabada anima a toda a veciñanza e visitantes a participar destas festas que mesturan tradición, música, gastronomía e convivencia, mantendo vivo o espírito comunitario na fronteira natural entre Galicia e Asturias.






















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



