Nota de prensa
O deputado popular mantivo unha reunión co xerente do Hospital da Costa para interesarse polo malestar causado tras as declaracións efectuadas no día de onte polo secretario xeral do PSdeG, así como tamén para coñecer o sistema de incentivos
BALSEIRO DEFENDE A PROFESIONALIDADE DOS MÉDICOS DO HOSPITAL DA COSTA AOS QUE LÍDER SOCIALISTA TRATOU COMO CORRUPTOS E LAMENTA QUE O PSOE EMPREGUE A a SANIDADE COMO ARMA DE CONFRONTACIÓN POLÍTICA
* Desde o día seguinte a perder as eleccións, as antigas forzas do bipartito decidiron facer un uso político e partidista do Hospital e non dubidan empregar para elo manipulacións, datos incertos e mentiras.
Santiago, 25 de novembro de 2010.- O parlamentario do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol defendeu a profesionalidade e honorabilidade dos médicos do Hospital da Costa tras as gravísimas acusacións do líder dos socialista galegos, Manuel Vázquez, nas que deu a entender que os facultativos deste centro hospitalario dan altas en base a criterios económicos e non médicos. Segundo o deputado popular coas súas insinuacións os socialistas están pouco menos que chamando corruptos e peseteros aos médicos do hospital de Burela, algo impropio dun dirixente político e, máis aínda, dun compañeiro de profesión, xa que o secretario xeral socialista é tamén médico.
Balseiro alertou que con estas e outras declaracións resulta evidente a estratexia seguida polo PSOE que pretende converter a sanidade nun arma de confrontación política e partidista. Neste senso sinala que desde o día seguinte á derrota electoral do bipartito nas eleccións autonómicas, PSOE e BNG decidiron facer un uso político do Hospital da Costa e non dubidaron empregar para elo manipulacións, datos incertos ou evidentes mentiras. “Falan de redución de servizos, e lonxe disto, se están a incrementar. Falan de redución de orzamentos, e pola contra as obras están en marcha e se está a dotar ao Hospital da Costa de novas tecnoloxías máis modernas, como os novos ecógrafos. Falan de perda da capacidade de decisión cando o xerente do hospital terá agora competencias sobre o centros de saúde, algo que non acontecía no pasado. E critican o noso hospital os mesmos que ocultaban nos caixóns as solicitudes de citas, para maquillar as listas de espera ou que pretendían xestionar a sanidade da nosa comarca desde Ferrol” –explica Balseiro- “Agora ben, o acontecido onte supera todas as liñas vermellas, pois dun xeito directo insulta aos médicos e os acusa de faltar ao seu deber profesional, garantir unha atención e diagnóstico axeitado dos seus doentes.
O parlamentario mariñán insiste en que espera unha rectificación do PSOE, en sede parlamentaria, porque nunca antes un político puxo en cuestión o sistema sanitario xunto ao traballo dos seus profesionais.
O PSOE PRETENDE XERAR ALARMA SOCIAL
O deputado popular está convencido de que o único que pretende facer o PSOE con este tipo de declaracións tan desafortunadas é xerar alarma social entre a poboación da Mariña agora que están próximas as eleccións municipais, nas que se prevé un duro correctivo ao PSOE. Sinala tamén que segundo as enquisas que se efectúan o 80% dos doentes do Hospital da Costa afirman estar satisfeitos co trato recibido polos profesionais sanitarios e polo tanto, non é comprensible que se poña en dúbida a honestidade profesional dos mesmos. Ínsua tamén lle confirmou que neste momento tan só o dous por cento dos doentes son trasladados para efectuar probas a outros hospitais.
CONTACTOS CO DIRECTOR XERENTE
Jose Manuel Balseiro indicou tamén que tras coñecerse as acusacións dos socialistas mantivo un contacto co xerente do Hospital da Costa, Jose Ínsua, para trasladarlle a solidariedade do Grupo Popular ante as gravísimas acusacións realizadas por Manuel Vázquez. Nela o director do hospital deu conta do profundo malestar que estas palabras teñen causado nos profesionais e, de xeito especial, no colectivo médico.
EN BURELA NON SE FAI NADA DIFERENTE DO RESTO DO SERGAS
Balseiro tamén interesouse polo sistema de incentivos. O director xerente tamén lle confirmou ao deputado que “no Hospital da Costa non se fai nada distinto, nada diferente, do que se realiza na rede xeral de hospitais do SERGAS” e de feito “se están a seguir as instrucións sobre planificación de autoconcertación propias dos programas asistenciais do Servizo Galego de Saúde”.

















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



