Viveiro, 18 de xullo, 2025. Desde o PSOE de Viveiro parabenizan e agradecen públicamente á nova comisión organizadora da Festa da Merluza, que retoma este ano unha das citas gastronómicas máis emblemáticas do Concello e da provincia.
“Sabemos ben o esforzo, dedicación e o tempo que require sacar adiante unha festa destas características, polo que trasladamos o noso recoñecemento a todas as persoas voluntarias que están a traballar, especialente aos veciños e veciñas de Celeiro, que son a alma de esta celebración”.
“Logo de que no pasado ano a festa non se celebrara, é unha boa nova que se reactive este evente declarado de interese turísitico autonómico, que destaca pola variedade e calidade das elaboracións feitas a partir dun producto estrela como é a merluza de Celeiro”, engaden.
“Queremos lembrar tamén que desde hai varios anos, a festa xa non se pode realizar na lonxa vella, xa que Portos de Galicia fixo unha remodelación e está destinada a outras actividades”.
É por iso que o Concello presido polo goberno socialista asumiu a carpa que permitía garantir a celebración da festa en condicións axeitadas.
No anterior mandato, a anterior Alcaldesa María Loureiro reuniuse coa comisión organizadora en canto retomaron a actividade, e comprometeuse desde o primeiro momento a colaboración municipal para instalar a carpa. “Esa carpa está hoxe xa montada grazas a que foi licitada e consignada económicamente polo anterior goberno, antes da moción de censura do pasado mes de marzo”.