O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou hoxe en Begonte (Lugo) os traballos que está a realizar a pé de monte Forestal Rúa, unha empresa rematante
Begonte, 18 de xullo de 2025. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, salientou hoxe as vantaxes de poñer as solucións dixitais ao servizo da cadea monte-industria porque permiten optimizar as operacións loxísticas das empresas do sector.
Fernández Ríos visitou hoxe en Begonte (Lugo) os traballos que está a realizar a pé de monte Forestal Rúa, unha empresa rematante beneficiaria do programa de axudas da Xunta para valorización de produtos en madeira; en concreto, da liña de dixitalización, que lle permitiu implantar unha plataforma integrada para a xestión en tempo real do transporte e o rastrexo da madeira desde o monte ata a fábrica.
O director da Xera presenciou, así, o seu funcionamento durante unha carga de madeira no monte con destino a un serradoiro e unha fábrica de taboleiros locais. Segundo dixo, este tipo de aplicacións permiten aos transportistas ter información actualizada sobre o estado das cargas para, así, planificar a xestión das flotas; aos rematantes, facilítalles poder xestionar de modo eficiente e automatizado a asignación de lotes; e, á industria, planificar as entradas de mercadoría e automatizar os controis de acceso.
Na convocatoria do pasado ano, resultaron beneficiarios un total de 29 proxectos de empresas por importe de 237.000 euros para a implantación, maioritariamente, de sistemas de captura de datos, automatización ou supervisión remota e, en xeral, de xestión da cadea de subministración.
É unha liña de apoios con axudas máximas de ata 60.000 euros que aínda se pode solicitar este ano ata o vindeiro 1 de agosto.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



