Proxectaranse tres películas este venres, sábado e domingo ás 22:30 horas na Praza da Pulida
Cariño, 24 de xullo, 2025. O Concello de Cariño organiza un ano máis o ciclo ‘Cinema na Rúa’, unha iniciativa que levará a proxección de varias películas ás rúas do municipio. Será esta fin de semana, dando inicio o venres 25 de xullo e finalizando o domingo día 27.
Con esta proposta, que conta coa colaboración da Deputación dá Coruña, búscase dinamizar a actividade cultural do concello. Proxectaranse un total de tres películas para todos os públicos, escollidas para gozar dunha sesión de cinema en familia. Todas as proxeccións terán lugar na Praza dá Puída a partir das 22:30 horas e contarán con entrada gratuíta ata completar o aforo total.
O ciclo dará comezo o venres 25 de xullo con ‘Wonka’, unha precuela do coñecido filme ‘Charlie e a fábrica de chocolate’ na que se narran os inicios do excéntrico chocolateiro Willy Wonka ata converterse no dono da famosa fábrica.
Posteriormente, o sábado 26 de xullo, será a quenda da proxección da película ‘Campeonex’, secuela da película ‘Campións’, unha comedia dramática deportiva que conta a historia de como o popular equipo que protagonizou a primeira película pásase ao atletismo, descubrindo as esixencias desta nova disciplina.
A programación do ciclo ‘Cinema na Rúa’ finalizará o domingo 27 de xullo coa proxección da película ‘Pérez 2’, na que a curiosidade dun neno que non cre na maxia fará que o popular rato caia nas mans dun empresario, iniciando unha aventura para liberalo.
Desde o Concello de Cariño anímase a todas e a todos, veciños e visitantes, a acudir á Praza da Pulida durante a fin de semana para gozar das sesións de cinema familiar.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



