Sandra Morado asume a Secretaría Xeral, acompañada por Paula Vigo Lamas como Secretaria de Organización e Igualdade e Jesús Río como Secretario de Política Municipal
Vilalba, 24 de xullo de 2025. As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) constituíron este mércores a súa agrupación local en Vilalba, co obxectivo de reforzar a organización da mocidade socialista no municipio e consolidar a estrutura das XSG na provincia de Lugo.
A agrupación estará encabezada por Sandra Morado, como Secretaria Xeral, acompañada por Paula Vigo Lamas, que asumirá a Secretaría de Organización e Igualdade, e por Jesús Río Iglesias, como Secretario de Política Municipal. O novo equipo comprométese a reivindicar os intereses e as demandas da mocidade vilalbesa.
No acto de constitución participaron a Secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez López; a Secretaria Xeral da agrupación de Vilalba, Marta Rouco; o Secretario Xeral das XSG, Xurxo Doval; e a coordinadora provincial de Lugo, Eva Blanco. Os socialistas expresaron o seu apoio ao novo equipo e destacaron a importancia de que a mocidade conte cunha estrutura organizada que lle permita participar activamente na vida política e social do territorio.
Desde o PSdeG-PSOE na provincia de Lugo celebramos a reorganización desta agrupación local, convencidos de que contribuirán a reforzar a presenza socialista en Vilalba e a sumar esforzos, desde a base, para avanzar nas políticas públicas que defenden os dereitos da mocidade en ámbitos clave como a igualdade, a vivenda ou a educación.




















Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



