A Casa da Xuventude acolle este venres unha actividade interxeracional para recoller e compartir a tradición oral das diferentes culturas que conviven no municipio
Burela, 30 de xullo de 2025. Este venres 1 de agosto ás 11:00 horas, a Casa da Xuventude de Burela será escenario dunha actividade aberta coa participación de representantes de colectivos, asociacións e comunidades que forman parte da diversidade cultural do municipio. O obxectivo principal do encontro é deseñar e dar forma ao Recuncho Multicultural, un espazo que se integrará na Biblioteca Municipal como lugar de memoria, coñecemento e convivencia.
Ao longo da mañá, traballarase na recollida e posta por escrito da tradición oral das distintas culturas presentes en Burela, sen esquecer a riqueza da cultura popular galega. Este material servirá para achegar ás novas xeracións os relatos, saberes e valores que enriquecen a nosa comunidade, favorecendo a transmisión cultural e o respecto pola diversidade.
A actividade terá un carácter interxeracional, promovendo a participación de persoas de todas as idades, fomentando así o diálogo, a aprendizaxe mutua e o encontro entre diferentes realidades culturais.
Dende o Concello faise un chamado á cidadanía para participar, xa que se trata dunha iniciativa aberta a todas as persoas interesadas, máis aló das xa convocadas.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



