Nota de prensa
AS PROMESAS LARANXAS MÁIS NOVAS COMEZAN ESTE DOMINGO A LIGA PREBENXAMÍN
As promesas máis novas da EDM Burela FS comezan este domingo a súa andadura competitiva na Liga Prebenxamín da Mariña. Os dous conxuntos laranxas estrearanse a domicilio fronte ao Xove, o Prebenxamín A (nados/as en 2003) ás 11.30 e o B (nados/as en 2004) ás 12.30 horas.
Ambas as dúas competicións disputaranse en dez xornadas, co 20 de febreiro como peche. O EDM Burela FS Prebenxamín A, con Cuchi e Juanma como monitores, tamén deberá medirse a ED Mondoñedo, AD Santiago de Foz, Praia de Covas e Club del Mar FS. Nos enfrontamentos do EDM Burela FS Prebenxamín B, adoutrinado por Dolo e Purao, os rivais serán os mesmos, a excepcion do Club del Mar FS.
No resto das categorías, as citas laranxas desta fin de semana serán:
Liga Nacional Xuvenil
Azkar Lugo-Burela FS
Domingo 28 de novembro, ás 16.00 horas, no Centro Terra de Lugo
Liga Autonómica Infantil
Burela FS-EDM Guitiriz
Sábado 27 de novembro, ás 20.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Deporte Escolar
EDM Burela FS Infantil B-A Mariña FS
Sábado 27 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ACD Xove Infantil-EDM Burela FS Infantil A
Domingo 28 de novembro, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Xove
EDM Burela FS Infantil Feminino-EDM O Valadouro Alevín
Sábado 27 de novembro, ás 11.40 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ACD Xove Alevín-EDM Burela FS Alevín B
Sábado 27 de novembro, ás 11.00 horas, no pavillón municipal de Xove
CFS Cidade de Viveiro Benxamín-EDM Burela FS Benxamín A
Aprazado
EDM Burela FS Benxamín B-EDM Mondoñedo FS Benxamín
Aprazado
EDM Burela FS Benxamín C-Praia de Covas Benxamín A
Sábado 27 de novembro, ás 10.50 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
