Lugo, 29 de agosto de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización da XIII Festa Normada de Foz, que se celebrará a última fin de semana de agosto.
O deputado Daniel García participou na presentación do cartel, obra de Diego AS. A imaxe do grafiteiro e muralista lucense, que representa unha labrega, promocionará esta festa de recreación histórica na que se escenifica a resistencia da poboación local, encabeza polo bispo Gonzalo, ás invasións normandas.
Daniel García valorou “a Festa Normada como unha celebración do patrimonio inmaterial xa que recrea a lenda do bispo Gonzalo, un relato entre a historia e a imaxinación que se transmitiu de xeración en xeración e que é parte do imaxinario colectivo. Na sociedade contemporánea, a transmisión dese patrimonio ten que darse a través de novos códigos, pero é importante que a cadea se manteña porque son relatos que conforman a nosa identidade”.
Nese senso, valorou “a iniciativa de contar cun artista tan recoñecido como Diego AS para a creación do cartel” e puxo en relevo “o traballo da Asociación Desembarco Normando e das persoas que traballan na organización deste evento para que a finais de agosto todas e todos poidamos disfrutar dela”
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 6.000 euros á organización da Festa Normanda
Colaboración da Xunta de Galicia
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou tamén no acto.
O delegado gabou o “interese turístico e cultural” desta festa de ambientación histórica que lembra o desembarco vikingo nas costas focenses, escena que se recreará durante a xornada principal do sábado a partir das 13,30 horas.
O profesor e escritor Pepe Peinó pronunciará o xoves o pregón inaugural. Durante os catro días o porto de Foz acollerá un mercado medieval, xogos tradicionais e infantís, ludoteca, batucadas ou malabares, entre outras propostas, como así como postos con oferta gastronómica.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



